Acceso libre aos partidos nos Remedios do Xuvenil A ata fin de tempada
A Xunta Directiva decidiu, nunha reunión celebrada a primeira hora da tarde deste venres, dar acceso libre ao público ás bancadas do campo Miguel Ángel-Os Remedios nos partidos que restan de tempada do equipo da Liga Naconal Xuvenil.
Deste xeito este sábado xa haberá acceso gratuito ao partido que enfronta ao Xuvenil A contra o CD Lugo B a partir das 16 horas. Os outros tres partidos afectados pola mesma medida no Miguel Ángel-Os Remedios serán ante RC Deportivo B, Ural Español CF B e CD Calasanz. Soamente será de cobro o enfrontamento coa UD Ourense por deferencia aos socios da entidade branquiverde.
Con esta medida a Xunta Directiva pretende que o equipo branquiverde teña o maior apoio posible dende as bancadas para intentar dar o salto á División de Honra. O coxunto pabellonista está situado a un punto da zona de ascenso.