El tiempo
miércoles. 24.04.2024
El tiempo

ESCOLA DE INICIACIÓN

Ábrese o prazo de inscrición para a Escola "José Luís López Iglesias"

Escola 5
O comezo da actividade está programada para o 16 de novembro

ORGANIZACIÓN DA ACTIVIDADE

Por parte da Dirección deportiva da Escola de iniciación “José Luís López Iglesias”, formaranse grupos de traballo distribuídos por ano de nacemento, de luns a venres de 16:30 a 17:30 e de 17:30 a 18:30 e que serán comunicados a través da páxina web da entidade e de xeito individual a cada familia no correo de confirmación da inscrición.

FORMA DE INSCRICIÓN

O procedemento de inscrición é moi sinxelo, basta con seguir estes pasos:

  1. Consulta a circular coas instrucións para inscribir o voso nen@.
  2. Cumprimenta o formulario de solicitude de inscrición.
  3. Abona a cota de inscrición nas contías e nos prazos sinalados pola circular.
  4. Remite o formulario cumprimentado e o xustificante de abono  da cota á dirección de correo electrónico seguinte: [email protected]
  5. Recibiredes, antes do comezo da actividade, un correo electrónico confirmando a inscrición co grupo e horario que lle corresponde o voso nen@.
Ábrese o prazo de inscrición para a Escola "José Luís López Iglesias"