Abraham Rodríguez adestrará ao equipo Benxamín Promesas “A”
Abraham Rodríguez será o encargado de adestrar ao equipo Benxamín Promesas “A” na tempada 2020-2021.
José Luís Dibuja como Coordinador do club, fai a presentación de Abraham Rodríguez na dirección do noso equipo Benxamín Promesas “A”, que xogará en 1ª División.
Abraham Rodríguez ten o título de monitor de Fútbol. Comezou adestrando no noso club aos 18 anos (durante 15), pasando pola E.D. Ourense nas últimas tempadas.
En Fútbol Sala estivo en varios clubes como Politécnico, Santo Ángel e Maristas e foi Seleccionador Provincial e axudante do Seleccionador Galego Benxamín varios anos.
Como xogador iniciouse no Xuvenil do Maside con 14 anos, chegando ao noso club para xogar no Xuvenil “A” e despois no equipo Senior. Tamén xogou no Coles, Moreiras, Barbantes, C.D. Velle (Prefente) e Loñoá.
“Considérome máis que un adestrador, un formador tanto de valores deportivos como persoais. Gústame que os grupos sexan un equipo, que sexan adestramentos serios e que os fagan competitivos, pero sempre dando prioridade á súa formación integral.”.