Escola de Iniciación ao Fútbol

O curso é de outubro a xuño nas canchas interiores

Xa está aberto o periodo de inscrición para o curso 2019-2020 da Escola de Iniciación para nen@s nados nos anos 2013, 2014 e 2015. A actividade desenvolverase nas canchas interiores do Pabellón de Os Remedios.

Cartel redes

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Duración: Do 1 de outubro ao 15 de xuño.
  • Lugar: Canchas interiores do Pabellón de Os Remedios.
  • Idades: Nen@s nados nos anos 2013, 2014 e 2015.
  • Horario: Dous días á semana pendente da asignación de horas do Consello Municipal de Deportes.
  • Custo do curso: Aproximadamente 200 euros que abarca a matrícula, equipación oficial (Turini Sport), Carnet de Aboado do Consello Municipal de Deportes (Seguro Deportivo).
  • ¿Cal é o primeiro paso?: Descargar o formulario de inscrición AQUÍ, aboar a matrícula (120 euros) e enviar ao club unha copia da folla de inscrición e o comprobante do ingreso por calquera destes medios: á conta de correo [email protected], ao fax 988980500 ou persoalmente na oficina do club de luns a venres de 18.30 a 20.30 horas.
  • Forma de pago: Transferencia ou ingreso na conta bancaria de Abanca número ES72-2080-5252-9130-4026-8787