
A Fundación RC Celta, en colaboración co Pabellón Club de Fútbol, acaba de abrir o prazo para os Clínics de Nadal que se celebrarán os días 26, 27 e 28 de decembro para nen@s de 6 a 14 anos en horario de 9.30 a 14 horas no campo Miguel Ángel-Os Remedios. .
A maiores tamén haberá o Clínic Sergio Álvarez específico para porteiros que se desenvolverá o 27 de decembro en horario de 9.30 a 14 horas e que tamén está destinado a nen@s de 6 a 14 anos.
En ambos casos as incricións, que son limitadas, pecharánse o 23 de decembro a mediodia.