LIGA NACIONAL XUVENIL

3-1 | O Xuvenil A impúxose no derbi

DOMINGO 07/09/2025 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (350)

PABELLÓN CF: 3 – UD OURENSE : 1 (2-0) 

O Pabellón levouse o derbi ante a UD Ourense no partido que abría competición na Liga Nacional Xuvenil e que congregou a un importante número de afeccionados nas bancadas do Miguel Ángel.

Na primeira metada os visitantes tiveron máis posesión de balón que os locatarios, que foron más incisivos en ataque e más efectivos na definición. Ben é certo que ademáis dos tantos de Melguizo e Lucas antes de cumprirse a media hora de xogo, os de Rubén García gozarían doutras tres oportunidades en remates de Iker Regueira, por partida dobre, e Jesús.

Neses primeiros corenta e cinco minutos os unionistas pese a dominar máis, apenas inquietaron a portería defendida por Breogán cun disparo dende fóra do área.

André avanza co balón ante a presenza dun rival
André avanza co balón ante a presenza dun rival

Segundo tempo

Na reanudación a UD Ourense, con dous recambios, saiu á búsqueda dun gol que o metese no partido. Sen embargo, no da segunda metade os branquiverdes gozarían dunha dobre ocasión na mesma xogada. Jesús rematou un centro de Lucas e Tiago disparou frouxo no rexeite do meta rival.

O resto do partido foi de maior dominio dos unionistas pero con maior profundidade ofensiva en parte polo trocos efectuados. Os de Rubén García, que foi refrescando o equipo con varios trocos na media hora final, foron aguantando o tipo e o rival disfrutaría de tres ocasións ás que respondería ben Breogán.

Lucas estivo moi activo e anoutou o segundo gol local
Lucas estivo moi activo e anoutou o segundo gol local

A doce minutos do final a UD Ourense acortaría distancias co tanto de Cristhian. Cando peor o estaba a pasar a escuadra pabellonista, Samuel Ferraz, anotaba un bonito gol cun zapatazo desde fóra do área para devolver certa tranquilidade ao Pabellón co 3-1.

 Acusou o golpe o rival, que baixou un pouco o ritmo para chegarse ao final coa vitoria local para sumar os tres primeiros puntos. Na próxima xornada o Pabellón visita ao CD Choco no campo de Santa Mariña.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral
Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Breogán, Gael, Tiago, André, Guille, Ander, Melguizo (Samuel Ferraz, m.75), Tiago (Nico, m.60), Lucas (Samuel Villar, m.75), Jesús (Bruno, m.75) e Iker Regueira (Veiras, m.55).

UD Ourense: Jorge, Daniel (Anxo, m.63), Unai Varela (Unai Bertalo, m.46), Ricardo, Álex, Julián (Borja, m.55), José (Pablo, m.46), Mauro, Cristhian, Martín (Xaime, m.63) e Iago. 

Árbitro: Adam Rodríguez Delgado, asistido nas bandas por Añel Fernández e Pérez Iglesias (Comité Galego-Ourense). Amonbestou a Melguizo (m.16), Guille (m.22) e Samuel Ferraz (m.90) nos locais e nos visitantes a Unai Varela (m.11), Mauro (m.23), Pablo (m.45), Unai Bertalo (m.50) e Borja (m.63).

Goles: 1-0, m.11: Melguizo. 2-0, m.27: Lucas. 2-1, m.78: Cristhian. 3-1, m.83: Samuel Ferraz.