TERCEIRA FUTGAL

2-1 | Triunfo do Senior con final de infarto

DOMINGO 23/03/2025 (16:30)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 2 – ATLÉTICO TRELLE : 1 (0-0)

Vitoria local cun final de infarto diante dun rival directo na zona de promoción como o Atlético Trelle, o que fai que os puntos teñan dobre valor, no enfrontamento estelar da xornada vinte e unha no Grupo 1º da Terceira Futgal. O coeficiente particular favorece aos de Toño Sanmartín, que gañaran na Costoira.

Na primeira metade o conxunto visitante estivo mellor, e a portería defendida por Anxo tivo algúns sustos dun rival forte ofensivamente. Por parte local Pibe tivo a máis clara nun man a man co meta visitante.

No retorno de vestuarios chegaron os goles. Despois dun par de ocasións de Pibe e Noli, a vinte minutos do final Sergio adiantou aos branquiverdes aproveitando un balón rexeitado nun saque dende o curruncho.

Senior-Trelle 4
Os branquiverdes sacaron adiante un partido vital para os postos de promoción

Os visitantes pasaron á ofensiva pero colgando moitos balón e defendendo ben os locais. Cando parecía que o partido se resolvería con ese único tanto, o Atlético Trelle empataría a escaos minitos do final por medio de Iker Paisán. Na xogada de saque de centro dos branquiverdes chegaría o segundo e definitivo gol anotado por Noli para deixar os tres puntos na casa.

Faltan catro partidos para o remate da competición e na próxima xornada o Pabellón descansa. Posteriormente o equipo recibe ao Cea e Sporting Amoeiro e visitará a Amoiero e Barco.

Os capitáns de ambos equipos co colexiado do partido
Os capitáns de ambos equipos co colexiado do partido

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Anxo, Aldán, Pedro, Luis, Rober, Sergio, Román (Dani, m..69), Numan (Guille, m.90), Noli, Mejuto (Miguel Ángel, m.59) e Pibe (Rubén, m.90).

Atlético Trelle: Marcos, Adrián (Rodrigo, m.73), David, Enzo (Diego, m.78), Pablo, Iker Paisán, Iker González, Juan Carlos, Martín, Mikel e Antón.

Árbitro: Pablo Cid Menor (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Sergio (m.42), Luis (m.40), Mejuto (m.47) e Rober (m.75) nos locais, no que o seu adestrador Toño Sanmartín tamén viu cartón amarelo (m.40). Enzo (m.76), Antón (m.78) e Diego (m.90) foron amonestados nos visitantes.

Goles: 1-0, m.71: Sergio. 1-1, m.90: Iker Paisán. 2-1, m.90+1: Noli.