LIGA NACIONAL XUVENIL

0-1 | O Xuvenil A cae tras 76´ con dez

DOMINGO 08/02/2026 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)

PABELLÓN CF : 0 – VICTORIA CF : 1 (0-0) 

O Xuvenil A caeu pola mínima fronte ao Victoria CF no encontro correspondente á 21ª xornada da Liga Nacional Xuvenil, nun duelo marcado de maneira decisiva por unha acción polémica nos primeiros compases. Trátase da sexta derrota dos branquiverdes no Miguel Ángel.

O choque quedou condicionado pola rigurosa expulsión do ourensán Iker Regueira no minuto 14, unha decisión que deixou aos de Rubén García en inferioridade numérica durante setenta e seis minutos. A partir dese intre, o encontro mudou por completo. O conxunto herculino asumiu o control do balón e do ritmo, mentres que o Pabellón tivo que multiplicarse nun exercicio de solidariedade e esforzo colectivo.

Os pabellonistas fixeron un enorme desgaste en inferioridad numérica
Os pabellonistas fixeron un enorme desgaste en inferioridad numérica

Malia o escenario adverso, os locais realizaron un enorme desgaste físico, defendendo con orde e compromiso para conter as acometidas visitantes. O Victoria someteu aos ourensáns durante boa parte do partido, pero o Pabellón soubo resistir e manter a súa portería a cero durante máis dunha hora con dez xogadores sobre o terreo de xogo.

Con todo, no tramo final e tras un longo exercicio de resistencia, chegou o golpe definitivo. Despois de máis dunha hora en inferioridade, o Pabellón encaixou o tanto por medio de Aarón que decidiu o encontro, permitindo ao Victoria levar os tres puntos do Miguel Ángel.

Con este resultado adverso, o Pabellón queda con 25 puntos na clasificación e xa pensa na próxima xornada, na que visitará o campo do Ural Español.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral
Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Roberto, Gael, Tiago Barbosa, André, Guille, Samuel Ferraz (Iván, m.46), Melguizo, Tiago Cerdeiro (David, m.82), Nico (Matías, m.69), Veiras (Hugo Oliva, m.50) e Iker Regueira.

Victoria CF: Martín, Marcelo, Julián (Miguel, m.46), Lucas. Manuel, Mateo (Pillado, m.77), Guillermo, Simón, Ismael (Aarón, m.57), Trillo e Christian (Eric, m.61).

Árbitro: Adrián Rodríguez Labrador, asistido nas bandas por Pintos Fernández e Alonso Ansa (Comité Galego-Ourense). Amonestaron nos locais a Tiago Cerdeiro (m.19), Samuel Ferraz (m.45) e Veiras (m.46). Tamén expulsaron con cartón vermello directo a Iker Regueira (m.14) nos pabellonistas. Nos visitates viron cartón amarelo Julián (m.29), Guillermo (m.46) e Simón (m.85).

Goles: 0-1, m.77: Aarón.