SEGUNDA FUTGAL

1-3 | Remontada do Senior en Cenlle

DOMINGO 05/10/2025 (17:00)  Campo: RÚA NOVA (150)

CD CENLLE : 1 – PABELLÓN CF : 3 (1-1)

Despois de dúas derrotas consecutivas os Pabellón reacionou ben sumando os tres puntos a domicilio, para chegar a 6, no choque da quinta xornada da Segunda Futgal

O primeiro tempo finalizou con empate a un tanto despois de que os pabellonistas igualaran a cinco minutos do descanso por medio de Numan, o tanto de Luis Felipe que adiantara á escuadra local uns instantes antes.

No segundo tempo no medio dunha loita pola vitoria no campo de terra de Rúa Nova, foron os de Toño Sanmartín quenes estiveron máis atinados en ataque. Primeiro Pede anotaría o 1-2 no minuto setenta e dous e a nove máis tarde sería Jhonny Merlo, que apenas levaba tres minutos no campo, o que sentenciaría o choque co defintivo 1-3.

FICHA TÉCNICA

CD Cenlle: Gabriel, Juan Pedro (José Manuel, m.81), Óscar, Said, Hugo, Luis Felipe, Cosme, Lucas (Héctor, m.75), Diego (Pablo, m.71), Iago (Marcos, m.75) e Antón.

Pabellón CF: Nacho, Rober, Jhonny Nóvoa (Miguel Ángel, m.83), Luis, Mario, Sergio, Pede, Enrique, Aldán (Lucas, m.36) (Cacha, m.83), Numan (Jhonny Merlo, m.78) e Noli.

Árbitro: José Luis Fernández Froiz (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Said (m.33) e Gabriel (m.41) nos locais e a Pede (m.33) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.35: Luis Felipe. 1-1, m.40: Numan. 1-2, m.72: Pede. 1-3, m.81: Jhonny Merlo.