El tiempo
sábado. 27.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

3-2 | Cruel derrota do Xuvenil "A" no desconto

DOMINGO 24/03/2024 (12:00)  Campo: SANTA ISABEL (100)

CD CONXO SANTIAGO : 3 – PABELLÓN CF : 2 (0-1)

Dolorosa e cruel derrota dos branquiverdes na Liga Nacional Xuvenil en terras santiaguesas nun partido no que chegaron a ter dous goles de vantaxe anotados por Mauro no primeiro tempo e Álex Riveiro no comezo da segunda metada.

A escuadra local conseguiría recortar distancias mediado o segundo tempo cun gol de Rubén, un dos homes incorporado despois do descanso.

Minutos fatídicos

O tempo de desconto foi terrorífico para os pabellonistas, que viron como se lles foron os tres puntos que parecían ter gañados. Iago igualaba no 92 e Almón, outro dos homes de refresco no segundo tempo, certificaba a remontada local no 97.

Con este resultado adverso o Pabellón é antepenúltimo na táboa clasificatoria con 24 puntos, con seis puntos de distancia sobre o descenso directo a sete xornadas do final.

Coa Semana Santa non haberá competición e será o 7 abril cando o equipo reciba ao Lugo "B" no Miguel Ángel-Os Remedios.

Mauro foi o autor do primeiro gol en Santa Isabel

FICHA TÉCNICA

CD Conxo Santiago: Pablo, Iago, Adrián, Brais, Nico, Martín, Arón (Borja, m.46), Hugo (Pedro, m.63), Cristian (Almón, m.56), Iker e Mayán (Rubén, m.46).

Pabellón CF: Abraham, Jorge, Bugallo, Lamús, Unai, Soriano, Ander, Mauro (Bruno, m.82), Peke, Álex Riveiro (Iván, m.75) e Samuel (Mociño, m.84).

Árbitro:  Sergio Miguens Santiago, asistido nas bandas por Otero Moares e Vargas Guerrero (Comité Galego-Santiago). Amonestaron a Nico (m.38) e Martín (m.90) nos locais e a Jorge (m.65), Lamús (m.67) e Samuel (m.78) nos visitantes, que tamén sufrion a expulsión por dobre cartón amarelo de Bruno (m.90).

Goles: 0-1, m.12: Mauro. 0-2, m.51: Álex Riveiro. 1-2, m.68: Rubén. 2-2, m.90+2: Iago. 3-2, m.90+7: Almón.

3-2 | Cruel derrota do Xuvenil "A" no desconto