Previa | O Sénior, ante o reto de remontar
Colegio Hogar - Pabellón CF (A Pirucha; domingo 7, 17:30 horas):
Coa intención de darlle a volta á eliminatoria, o equipo Sénior viaxa este domingo ata Santa María de Oia para afrontar o partido de volta da promoción de ascenso a Primeira Futgal. Na ida os branquiverdes perderan 0-1 no Miguel Ángel nun partido no que estiveron por debaixo do nivel ofrecido ao longo da liga regular.
O cadro vigués estivo moi firme como local na competición, sumando once triunfos, dous empates e dúas derrotas, anotando 48 goles e encaixando 21. O vencedor desta eliminatoria loitará por unha praza de ascenso co vencedor da que xogan Romay e Piñeira Seca, con empate a un tanto na ida en terras pontevedresas.
Toño Sanmartín, e á espera do derradeiro adestramento semanal deste venres, non poderá contar para este partido con: Rubén, Miguel Ángel, Mario, Guzmán e Jhonny Merlo.
A arbitraxe do partido corresponderá a Noel González Diz, asistido nas bandas por Cáceres Muñiz e López Román (Colexio de Vigo).