O Infantil "B" arranca este luns
Actualizado: 21 de agosto de 2023 (09:18 h.)
Tiempo de lectura: 0 min.
Para este luns está previsto que o Infantil "B" do Pabellón Club Fútbol comece a traballar baixo as órdes de Jack Pereira. Será a partir das 19 horas no campo Miguel Ángel-Os Remedios. A escuadra pabellonista será o último equipo da modalidade de Fútbol 11 en entrar en acción.
Os branquiverdes estarán configurados por un plantel combinado entre xogadores de primeiro e segundo ano. O equipo competirá esta tempada 2023-2024 na 1ª Galicia Infantil despois do ascenso conseguido na pasada campaña.