A Coruña pechou "A Nosa Champions Fútbol" 25-26
O campo Víctor Fernández Alonso, coñecido como o campo da Leyma, da Coruña acolleu a cuarta e última xornada da temporada 25-26, unha proposta de carácter integrador impulsada pola Real Federación Galega de Fútbol que contou coa participación de seis equipos.
Fundación Real Club Deportivo, Torre SD, Eirís SD, Racing Club Ferrol, Vilagarcía SD e Pabellón Ourense CF foron os seis equipos que participaron nesta última xornada na que a Real Federación Galega de Fútbol contou coa inestimable colaboración do Concello da Coruña.
Os nosos xogadores, que tiveron que madrugar moito para viaxar. sumaron sendos empates ante Racing de Ferrol (2-2) e SD Vilagarcía (2-2), caendo ante o Torre SD (2-0). Óscar Sánchez, Álex, Aitor e Artur foron os goleadores no campo de Leyma.
Esta iniciativa, dirixida ao colectivo DI (persoas con discapacidade intelectual), naceu a pasada tempada na modalidade de fútbol 7 e ten como principal finalidade favorecer a inclusión e a normalización da práctica deportiva a través dun proxecto con forte compoñente social.
Trátase dunha competición sen carácter competitivo, pensada para promover a participación e reivindicar que o fútbol é un espazo aberto a todas as persoas, sen excepción.
Fotos: futgal.es