¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar
icono-movil
Teléfonos de Contacto
900 80 92 42

Torneos / Brillaron en Santa Cruz e A Estrada

Torneos / Brillaron en Santa Cruz e A Estrada
29/05/2018
admin

O Promesas alevín gañou no Xeixo en fútbol 11 e o Promesas benxamín foi segundo en San Martiño ao perder nos penaltis co Atlético de Madrid

Foille ben aos nosos representantes nos torneos que disputaron a pasada fin de semana na que obtiveron un balance dun primeiro posto e un segundo lugar.

Por un lado o Pabellón Promesas alevín rentabilizou a súa primeira experiencia na modalidade de Fútbol 11 gañando o I Torneo da SDC Arrabaldo que se celebrou ao longo de todo o sábado no campo de O Xeixo.

Os de Abel Afonso superaron con solvencia á EDC Barbadás (3-0). Para chegar ata ahí os branquiverdes tiveron que superar á ED Ourense nas semifinais (1-0), Bosco (2-0), UD Ourense (1-0) e Antas do Ulla (7-0).


Destacar que o equipo non encaixou ningún gol nos cinco partidos que disputou. Tamén houbo premios individuais para os nosos xa que XabierNúñez foi elixido Mellor Xogador e Ismael González foi o Máximo Goleador. Parabéns á plantilla e corpo técnico.




Mentres, o Promesas benxamín deu un altísimo nivel no Torneo Internacional da Escola Estrada de Fútbol Base. Os de Juan Carlos "Figo" chegaron ata a final curiosamente co primeiro rival da mañá, o Atlético de Madrid. Despois de que o tempo regulamentario rematase con empate 1-1 os colchoneros estiveron máis acertados na tanda de penaltis para alzarse co trofeo. O bagaxe dos pabellonistas foron de vitorias contra o Atlético de Madrid (1-0), Escola Estrada de Fútbol Base (4-0), Calasanz (2-0), Atlético Riveira (4-1) e RC Celta (1-0). A única derrota sería a mans do RC Deportivo no segundo partido (6-0) máis a final nos penaltis. Individualmente Pablo Rodríguez levouse o premio ao Mellor Xogador. Parabéns á plantilla e corpo técnico.



Post Relacionados

Comentarios

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario