El tiempo
viernes. 26.04.2024
El tiempo

O Xuvenil "A" segue forte

Os de Cándido Gómez son líderes despois de catro vitorias consecutivas

Os de Cándido Gómez son líderes despois de cinco vitorias consecutivas 

O Pabellón da Liga Nacional Xuvenil situose este sábado no máis alto da táboa clasificatoria despois de superar nos Remedios (2-1) ao Santa Mariña. Con este triunfo o equipo acumula cinco consecutivos: Bouzas, Lérez, Areosa, Vilalbés e Santa Mariña para sumar 15 puntos. Ver clasificación.

Ao descanso os nosos xa mandaban no marcador cun gol de Alberte. Na segunda metade os branquiverdes incrementarían distancias cun bonito gol de Miguel e incluso houbo ocasións para deixar o partido finiquitado pero entre o desacerto no remate e a boa actuación do meta visitante o equipo non pechou o partido. As cousas complicaríanse algo co tanto dos vigueses nun balón sen aparente perigo que acabou dentro da rede da meta local.

Dende ese momento e ata o final do choque o partido estivo emocionante pola incertidume do marcador pero as cousas non variaron e o tres puntos quedaron na casa. 

O Xuvenil "A" segue forte