El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

LN Xuvenil l Puntazos de ouro na Coruña

O Pabellón CF venceu ao Victoria (1-2) no campo de A Grela despois de superar varios contratempos

O Pabellón CF venceu ao Victoria (1-2) no campo de A Grela despois de superar varios contratempos

O Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil sumou tres puntos (1-2) no campo de A Grela contra un Victoria que loita por unha praza de ascenso e que sufriu un revés importante. Os branquiverdes suman agora 40 puntos que pode ser unha cifra vital para evitar complicacións na zona de descenso por arrastres cando restan catro partidos. Tratábase da terceira confrontación consecutiva lonxe dos Remedios despois de gañar no campo do Compostela (0-2) e empatar en Lugo (1-1). Os de Cándido Gómez sumaron 7 puntos nese "tridente". Ver clasificación.

Referente ao partido na Grela, a primeira metade despachouse con táboas (1-1) nunha fase na que os dous goles chegarían nun espazo de dous minutos. No trinta e un adiantáronse os herculinos e inmediatamente empataría Carlos Villar. A segunda metade foi de moita intensidade. Os pabellonistas tiveron varias ocasións para desnivelar o marcador pero non houbo finura na resolución. A sete minutos do final chegaría o premio para os nosos ao anotar Carlos Villar o segundo gol. A partir de ahí os branquiverdes, cunha defensa de circunstancias polas lesións no partido, defenderon con uñas e dentes os tres puntos que finalmente acabarían caendo. VER FICHA TÉCNICA.

O equipo tivo que superar moitas contrariedades ao longo de todo o partido. Aos nove minutos Diego tivo que deixar o campo cun golpe na cabeza sendo trasladado a un centro médico. Cándido Gómez tamén tivo que recompoñer de novo a liña defensiva ao perder a Rodrigo cun forte golpe nun muslo e o equipo acabou como puido o partido, que finalmente acabaría satisfactoriamente. 

LN Xuvenil l Puntazos de ouro na Coruña