¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar
icono-movil
Teléfonos de Contacto
900 80 92 42

LN Xuvenil / Duro revés

LN Xuvenil / Duro revés
14/01/2019
admin

O Xuvenil "A" caeu nos Remedios (0-2) contra un Calasanz que tivo mellor puntería

O Pabellón da Liga Nacional viuse superado nos Remedios por un Calasanz que estivo moi resolutivo. Ata mediada a segunda metade os locatarios dispuxeron das mellores ocasións para situarse por diante no marcador, pero a falta de puntería unido a un par de boas intervencións do meta coruñés -é o conxunto menos goleado do grupo- impediron que o marcador fixese xustiza. A maiores na única ocasión de perigo visitante na primeira metade, ao fio da media hora, acabaría sendo gol.

Mediada a segunda parte os herculinos comezaron a levar moito perigo nas contras nunha fase na que os de Cándido Gómez foron perdendo presenza no área rival, probablemente minados mentalmente porque parecía imposible perforar a meta adversaria. Houbo un par de accións para conseguir o empate pero non houbo fortuna. Xa co tempo finiquitado o Calasanz asestaría o golpe definitivo co segundo gol. Entendemos que foi un excesivo castigo para os pabellonistas pero o rival estivo acertado e levouse a vitoria. Ver ficha técnica. Despois deste revés o Pabellón viuse superado na táboa por Choco e Conxo e queda a cinco puntos da zona de ascenso. Ver clasificación.

Post Relacionados

Comentarios

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario