El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fútbol 8 / Resumo da 8ª xornada

Os partidos da fin de semana deixaron marcadores con moitos goles

Os partidos da fin de semana deixaron marcadores con moitos goles

A xornada da pasada fin de semana nas diferentes divisións de Fútbol 8 deixou partidos con marcadores con moitos goles na maioría deles. Cabe reseñar o minuto de silencionos primeiros partidos da mañá do sábado en memoria de José Manuel Pérez Canal, que fora presidente da CEO e coxerente de Aceites Abril, un dos patrocinadores do club. Manuel Pérez, fillo do falecido, é xogador dun dos nosos equipos alevís.

Na 1ª Autonómica Alevín o Pabellón Promesas superaba (2-0) ao Arrabaldo nos Remedios nun partido tremendamente igualado. Probablemente a falta de fortuna que tivo o equipo de Juan Carballo en anteriores confrontacións pudo tela neste choque á hora de materializar os goles, un en cada tempo, obra de Miguel Cantón e Daniel Dosantos. O equipo xogarase na última xornada a opción de meterse no Play Off. Neste mesma categoría o Pabellón tivo un partido máis cómodo nos Carrís (0-7) onde superou ao Barbadás con dous goles na primeira metade e cinco na segunda -Adán (4), Martín, Unai e Yeray-.

Non lles fo ven aos dous equipos nosos da 2ª Autonómica Alevín. Por un lado, o Pabellón "B" caía (5-3) no campo de A Granxa contra a EDC Verín "B" nunha cita que se resolvería na segunda parte despois do empate a un tanto da primeira. Iker, Nico e Hugo anotaron os tantos. Mentres, O Pabellón "C" caía nos Remedios (0-6) contra á EDC Xinzo "B", un rival que foi mellor e que ao descanso xa tiña vantaxe de tres goles.

Mellor fortuna correron os dous conxuntos branquiverdes da 1ª Autonómica Benxamín con dúas vitorias. O Pabellón sacaba adiante (0-6) a súa visita aos Carris contra o Barbadás. Ao descanso o marcador xa era favorable (0-2) e na segunda houbo máis diferenzas. Os tantos chegaron por medio de Mateo, Xoel, Dylan, Anxo, Guille e 1 pp. Máis resolutivo aínda estivo o Pabellón Promesas (11-1) diante do Ribadavia nos Remedios. Iker (2), Izan (2), Teo (2), Damián, Alexandre, Dani, Xoel e Marco foron os goleadores.

O Pabellón "B" da 2ª Autonómica Benxamín segue forte, invicto e liderando o Grupo 42. Nesta ocasión gañaba na Granxa (1-9) á EDC Verín "B" nunha cita que xa tiña encarrilada ao final da primeira metade (0-3). No segundo tempo as diferenzas foron maiores. Os goles chegaron por medio de Gabriel (4), Nico (3), Martín e 1pp. Mentres, no Grupo 43 o Pabellón Promesas "B" caía nos Remedios (1-6). Despois dunha primeira parte equilibrada os limiaos non perdoaron na segunda. Iván fixo o gol dos nosos.

Finalmente, na 1ª Autonómica Prebenxamín o Pabellón fíxose coa vitoria (3-9) no Miraflores na visita á UD Ourense. Pese a que os locatarios marcaron primeiro, os de Manolo Doval responderon remontando con solvencia. Ao descanso xa mandaban no marcador (1-2). Xián (3), Dorribo (2), Hugo (2), Sergio e Carballo marcaron os tantos. Nesta xornada descansou o Pabellón Promesas.


Fútbol 8 / Resumo da 8ª xornada