El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

Fútbol 8 / Alegría nos equipos prebenxamíns

Pabellón CF e Promesas, á fase galega e campións do Torneo Ourense Base respectivamente

Pabellón CF e Promesas, á fase galega e campións do Torneo Ourense Base respectivamente

Os equipos prebenxamís branquiverdes, coa clasificación para a fase galega e a adxudicación do Torneo Ourense Base, coparon a atención da xornada nas competicóns de Fútbol 8 da pasada fin de semana, na que remataron as Ligas de 1ª Alevín e Benxamín eo Play Off prebenxamín. Os nosos proclamáranse campións das dúas primeiras e a ED Ourense na última.

O Pabellón CF clasificouse para a fase galega sur prebenxamín (ver clasificación) despois de completar unha dobre xornada na fin de semana con vitoria sobre a EDC Xinzo (4-3) nunha cita na que marcaron Nicolás (2), Teo e Alexandre, e unha intrascendente derrota o domingo en Oira co Ourense CF (3-2) na que os autores dos tantos foron Alexandre e Nicolás.

Pola súa parte, o Pabellón Promesas proclamábase campión do Torneo Ourense Base prebenxamín despois de superar con solvencia á EDC Verín (7-3) no campo de A Tella en Luintra. Marcos (2), Hugo (2), Héctor (2) e Iván marcaron os tantos. Aproveitamos para felicitar aos compoñentes de ambos equipos.

Nas outras categorías, o Pabellón Promesas da 1ª Autonómica Alevín tivo que empregarse a fondo para dobregar nos Remedios (2-0) a un correoso e organizado A Purísima na xornada que pechaba a Liga. Ver clasificación. Nas Copas Deputación da 2ª Autonómica Alevín, cara e cruz para os nosos. O Pabellón "B" vencía a domicilio ao CD Velle (2-4), cos goles de Páramo (3) e Unai, e o Pabellón "C" caía nos Remedios (2-4) a mans da EDC Xinzo "B", con dianas de Yeray e 1 pp.

Finalmente, o peche da competición na 1ª Autonómica Benxamín deixou unha cómoda vitoria (8-0) para o Pabellón Promesas, cos tantos de José (3), Leo, Dani, Pablo, Hugo López e Saúl, contra o Purísima nos Remedios. En canto ás Copas Deputación de 2ª Autonómica Benxamín, con goles de Iker e Anxo, o Pabellón "B" superaba (2-1) ao Bosco nos Remedios e o Pabellón Promesas "B" perdía no campo do Polígono (3-2). Adrián e Hugo Gil foron os goleadores.



Fútbol 8 / Alegría nos equipos prebenxamíns