El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

Fútbol 11 / Pleno dos equipos cadetes

Completaron unha boa xornada cun triunfo nos Remedios e dúas vitorias a domicilio

Completaron unha boa xornada cun triunfo nos Remedios e dúas vitorias a domicilio

Na Liga Galega Xuvenil o Pabellón "B" cedía un empate (2-2) nos Remedios contra o Coruxo nunha cita na que os visitantes anotaron primeiro aos quince minutos chegándose ao descanso con ese parcial de 0-1. Na renudación os de Anxo Valcárcel chegarían a darlle a volta ao marcador cun penalti transformado por Carracelas e un gol en propia meta. A quince do final os visitantes establecerían o empate que resultou definitivo.

Dentro do Play Off da 1ª Autonómica Xuvenil o Pabellón "C" sumaba un punto (2-2) nos Remedios contra un Chantada que lidera esta fase. Por dúas veces os de Marcial González tiveron vantaxe no marcador cos goles de Mateo e López. Ao descanso o marcador era de empate a un tanto.

Un gol de Numan no primeiro minuto acabaría dándolle os tres puntos ao Pabellón da División de Honra Cadete (0-1) na súa visita ao San Tirso no campo de O Monte. Os de Guillermo García souberon manter esa mínima vantaxe os 79 minutos restantes.

Na Liga Galega Cadete o Pabellón "B" obtivo unha vitoria moi traballada (4-1) contra o Porriño Industrial nos Remedios. Ao descanso os de Miguel Alonso tiñan dous goles de vantaxe anotados por Manuel e Diego. Pese a que os visitantes recortaron distancias no arranque da segunda metade, os pabellonistas respoderon inmediantamente co 3-1 anotado por Mauro. O celanovense sería o encargado de pechar o marcador co cuarto dos locales no desconto.

Un tanto de Damián aos dez minutos da segunda parte resultou decisivo para a vitoria (0-1) do Pabellón Promesas contra o Velle "B" no Monte da Aira dentro do Trofeo Ourense Base Cadete.

O Pabellón da Liga Galega Infantil deixou encarrilada na primeira parte a cita co Santa Mariña dentro do Play Off con tres goles anotados por Amills (2) e Joel. Aos once da segunda parte incrementarían distancias cun tanto de Raúl e despois do primeiro tanto visitante Roy colocaría o quinto dos pabellonistas. Na recta final do partido os vigueses situarían o definitivo 5-2.

Na Fase de Permanencia da Liga Galega Infantil o Pabellón Promesas caía (3-0) no Lourambal diante do Porriño Industrial. Despois de chegarse ao descanso sen goles, no inicio da segunda parte os locatarios tomarían vantaxe. Os outros dous tantos chegarían nos instantes finais.

Un solitario tanto do A Purísima ao borde do descanso (1-0) levou á derrota ao Pabellón "B" no Play Off da 1ª Autonómica Infantil. Os de Rubén García perdoaron moito en ataque e pagaron as consecuencias.


Fútbol 11 / Pleno dos equipos cadetes