¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar
icono-movil
Teléfonos de Contacto
900 80 92 42

Fútbol 11 / Aceptable fin de semana

Fútbol 11 / Aceptable fin de semana
03/12/2018
admin

Dúas vitorias, dous empates e tres derrotas na antesala dunha dobre xornada de xoves e fin de semana

O Pabellón "B" da Liga Galega Xuvenil cedeu un empate (2-2) no campo dos Carrís contra o Barbadás despois de marcharse ao descanso cunha renda de dous goles anotados por José Ramón e Carracelas. Nos últimos instantes do partido, cun segundo tanto sobre a bocina, o cadro local lograría empatar. O equipo que adestra Anxo Valcárcel ocupa a oitava praza do grupo sur con 19 puntos. O xoves recibe nos Remedios (12  horas) á UD Ourense.

Na División de Honra Cadete o Celta levouse a vitoria dos Remedios (1-3) contra un Pabellón que estivo a boa altura durante os oitenta minutos. Os vigueses fóronse ao descanso con vantaxe (0-1) e nos dez primeiros minutos da reanudación ampliarían distancias co segundo. Sen embargo, o tanto local de Santi pouco despois deixou un emocionante resto de partido no que os pabellonistas buscaron a igualada e os olívicos a sentenza.

No tramo final o Celta fixo valer o seu poderío para pechar o partido co 1-3. Os de Guillermo García son cuartos con 22 puntos. este xoves (18 horas) visitan ao Atlético Montañeros no campo de Leyma.

Reparto de puntos (1-1) no campo de Os Carrís no derbi provincial da Liga Galega Cadete entre Barbadás e Pabellón "B·". Os anfitrios marcarían pronto e cerca do descanso Manu, que acabaría expulsado a sete minutos do final, anotaría para os pabellonistas o empate. Na segunda parte o marcador non se movería. Os de Miguel Alonso, despois de tres xornadas consecutivas sumando, son novenos na táboa con 18 puntos. Na xornada deste xoves reciben ao Moaña nos Remedios (16 horas).

Faltoulle un punto -sumou 20- ao Pabellón Promesas para meterse no Play Off da 1ª Autonómica Cadete nun apretado Grupo 10º, pese a gañar na última xornada ao CD Velle (2-1) nos Remedios. Os visitantes xa mandaban no marcador aos cinco minutos, pero un dobrete de Damián, cun tanto ao borde do descanso e outro na segunda metade, permitirían a remontada. Agora chega o Torneo Ourense Base onde o equipo loitará polo máximo. O xoves afronta os cuartos da Copa Deputación contra o Verín "B" (16 horas) nos Salesianos.

Vitoria do Pabellón contra o Alondras (3-1) na cita da Liga Galega Infantil celebrada nos Remedios. Ao descanso o marcador era de empate a un tanto. Amills marcaría primeiro para os locatarios e unha acción de mala fortuna cun gol en propia meta, permitiría o empate dos pontevedreses no último minuto da primeira parte. Na segunda metade os tantos de Amills e Raúl deixarían unha xusta vitoria. Os de José Dopazo son terceiros con 29 puntos. O xoves visitan á ED Ourense (10.30 horas) nos Salesianos.

O Pabellón Promesas da Liga Galega Infantil caía (9-0) nas instalacións da Madroa contra o Celta. O líder intratable do grupo fixo valer a súa superioridade ante un voluntarioso conxunto pabellonista con tres goles no primeiro tempo e seis no segundo. Os de Carlos Amorín son decimosextos con 7 puntos. O xoves reciben ao Santa Mariña nos Remedios (17.45 horas).

Finalmente, o Pabellón "B" caía nos cuartos de final da Copa Deputación Infantil por un solitario tanto (1-0) do Monforte no Luis Bodegas. Os de Rubén García tiveron a súas opcións pero o tanto local mediada a segunda parte resultaría decisivo. Agora afrontarán o Play Off.



Post Relacionados

Comentarios

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario