¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar
icono-movil
Teléfonos de Contacto
900 80 92 42

Fútbol 11 / Protagonismo do Infantil "B"

Fútbol 11 / Protagonismo do Infantil "B"
19/11/2018
admin

Os de Rubén García metéronse no Play Off  remontando nos últimos instantes un partido que comezaran gañando

Liga Galega Xuvenil (Monteporreiro 2-1 Pabellón "B")
Derrota dos nosos contra un rival que acabaría a xornada situándose de líder. Ao descanso os pontevedreses mandaban no marcador (2-0). Na segunda os pabellonistas buscaron o gol que os metese no partido, o que conseguiría Iago Varela a falta de doce minutos pero o marcador non se movería máis. Ver clasificación.

1ª Autonómica Xuvenil (Pabellón "C" 8-1 Calasancio "B")
Vitoria clara para os de Marcial González aínda que ata a segunda metade non puideron marcar distancias. López (3), Mateo (2), Quinín, Míguez e Joel foron os goleadores. O equipo necesita unha vitoria na próxima xornada no campo do Monforte para meterse no Play Off. Ver clasificación.

División de Honra Cadete (Pabellón 0-1 Lugo)
Primeiro derrota nos Remedios para os de Guillermo García cun tempraneiro gol dos lucenses que resultou decisivo. Os pabellonistas tiveron un rival moi forte que soubo manexar o partido. Ver clasificación.

Liga Galega Cadete (Rápido Bouzas 0-3 Pabellón "B")
Os tantos de Sampayo, Diego e Aitor na primeira parte foron unha renda importantísima para que os de Miguel Alonso sumasen os tres puntos nos Baltasar Pujales. Ver clasificación.

1ª Autonómica Cadete (Arenteiro 5-0 Pabellón Promesas)
Nada que obxectar á vitoria do cadro carballiñés, que ao descanso xa tiña unha renda de dous goles (2-0) que ampliaría ma segunda parte. Ver clasificación.

Liga Galega Infantil (Pabellón 1-0 Calasancio)
Un gol de Sergio no inicio da segunda metade acabaría dándolle a vitoria aos nosos no campo de Velle, diante dun rival moi combativo que lle puxo as cousas moi difíciles aínda que os locatarios desperdiciaron varias ocasións claras, de maneira especial na primeira metade. Ver clasificación.

Liga Galega Infantil (Rápido Bouzas 1-1Pabellón Promesas)
Un punto para a xoven escuadra branquiverde no Baltasar Pujales. Os vigueses adiantaríanse na primeira metade e Ibai colocaría o empate na segunda. Ver clasificación.

1ª Autonómica Infantil (Pabellón "B" 3-2 CD Rúa)
Taquicárdico partido no campo de Os Remedios cun final feliz para os de Rubén García, que acabarían sumando os tres puntos e a clasificación para o Play Off cun gol no tempo de desconto. A primeira parte remataría con vantaxe para os nosos cun tanto de Ribao. Na segunda metade os valdeorreses chegarían a darlle a volta ao partido e nos minutos finais os locatarios tiraron de casta para remontar cos goles de Hugo e Ribao. Ver clasificación.

Post Relacionados

Comentarios

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario