¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar
icono-movil
Teléfonos de Contacto
900 80 92 42

Fútbol 11 / Moitos goles repartidos

Fútbol 11 / Moitos goles repartidos
10/11/2018
admin

Partido taquicárdico do Xuvenil de Liga Galega nos Remedios (3-3) nunha xornada discreta

Liga Galega Xuvenil (Pabellón "B" 3-3 AJ Lérez)
Partido taquicárdico nos Remedios de maneira especial no tramo final. Os de Anxo Valcárcel chegaron a ter dous goles de vantaxe anotados por Iago Varela e Carracelas. En doce minutos os pontevedreses daríanlle a volta ao marcador pero un tanto de Janfry nos últimos instantes permitiría rescatar un punto. Ver clasificación

1ª Autonómica Xuvenil (UD Ourense "B" 2-2 Pabellón "C")
Reparto de puntos no Miraflores nun partido no que comezaron marcando os de Marcial González por medio de López, vantaxe coa que se chegaría ao descanso. Na reanudación os locatarios chegarían a darlle a volta ao marcador, pero novamente López establecería a igualada que resultou definitiva aínda que houbo moito tempo por diante ata o final do choque. Ver clasificación


División de Honra Cadete (Coruxo 0-2 Pabellón)
Meritorios tres puntos ante un rival que circulaba pola zona alta da táboa e que levaba unha racha consecutiva de catro vitorias. O dobrete de José na segunda parte, o primeiro de penalti, déronlle os tres puntos aos de Guillermo García. Ver clasificación

Liga Galega Cadete (Pabellón "B" 1-2 AJ Lérez)
Derrota dos de Miguel Alonso contra un rival que ocupa a zona alta da táboa. Diego puxo por diante aos nosos, pero os pontevedreses acabarían remontando. Ver clasificación

1ª Autonómica Cadete (Pabellón Promesas 3-3 Barco)
Os de Enrique Silva salvaron un punto no treito final do partido cando tiñan un marcador bastante adverso (1-3). Os tantos de Chema (2) e Damián permitiron a igualada. Ver clasificación

Liga Galega Infantil (Porriño 0-3 Pabellón
Un gol na primeira parte de Peke e dous máis que anotaron Esteban e Sergio na segunda metade, certificaron a superioridade dos de José Dopazo no Lourambal para acumular seis xornadas consecutivas sen perder e ocupar o segundo posto. Ver clasificación 

Liga Galega Infantil (Pabellón Promesas 0-2 Areosa)
Os vigueses leváronse a vitoria despois de marcar un gol en cada tempo da cita disputada no campo de Os Remedios. Ver clasificación 

1ª Autonómica Infantil (Monforte 3-1 Pabellón "B")
Derrota dos de Rubén García no Luis Bodegas. Un gol ao borde do descanso dos monfortinos rachou a igualada que conseguira José despois de gol inicial dos locatarios. Avanzada a segunda metade chegaría o terceiro do Monforte que resultou letal. O equipo recibe o sábado ao Rúa coa quinta praza en xogo. Ver clasificación

Post Relacionados

Comentarios

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario