miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

Un gol de Santi de penalti decidiu o partido

Triunfo importante nos Remedios do Pabellón CF da Terceira Galicia contra un rival directo polo ascenso como o Padrenda CF, ao que tamén supera nos golaveraxe particular. Santi, de penalti, foi o autor do gol.

Os pabellonistas sabían das difucultades que presentaba a cita contra un rival que acumulaba oito xornadas consecutivas sen perder e cun importante aval defensivo como o segundo conxunto menos goleado -17 tantos- da categoría.

A maiores o Padrenda chegaba a Os Remedios como un rival directo polas catro prazas de ascenso e que agora queda a oito puntos máis o coeficiente particular gañado despois do empate na primeira volta.

A vitoria local chegaria por un penalti transformado por Santi a cinco minutos do descanso diante dun rival moi agazapado na súa parcela e intentando sorprender nas contras. Posteriormente os pabellonistas reclamarían outra pena maxima que o colexiado non viu como tal. Ao final os tres puntos quedaron na casa. Ficha técnica.

A vitoria permite aos branquiverdes seguir na segunda praza do grupo con sete puntos de vantaxe sobre o quinto clasificado. Ver clasificación. Na próxima xornada o equipo ten unha difícil saída ao campo de As Corgas contra o Parada do Sil CF.

Un gol de Santi de penalti decidiu o partido