O Braga foi o mellor no torneo alevín gañando a final contra o Celta
Na primeira metade os vigueses levaron a iniciativa pero os portugueses, moi ben asentados no campo, conseguiron adiantarse no marcador con un excelente gol de Oliveira dun tiro lonxano, chegándose ao descanso con ese parcial para o Braga, que na segunda metade mantivo esa vantaxe para levarse o trofeo.
O conxunto bracarense tamén fixo pleno de triunfos no seu grupo sobre a EF Luis Calvo Sanz e o Pabellón Promesas. Nos cuartos de final apeou ao Atlético Coruña e nas semifinais (2-1) ao Rápido de Bouzas.
Pola súa parte, os celestes eliminaran nas semifinais (3-1) ao Vitoria de Guimaraes. Na primeira fase de grupos sumaron sendos triunfos sobre Victoria CF e Rápido de Bouzas e nos cuartos de final superaron ao Ural CF.
Na consolación o Vitoria de Guimaraes, que dera mota guerra ao Celta en semifinais, fíxose coa terceira praza ao vencer ao Rápido de Bouzas, que acabou na cuarta praza.
O quinto lugar foi para o Pabellón CF despois de imporse a un Ural CF que rematou na sexta posición. O trofeo ao equipo máis deportivo recaeu no Rápido de Bouzas e Joao Pedro Gonçalves (Vitoria de Guimaraes) o de mellor xogador.
Disputáronse un total de vinte e oito partidos nos que se marcaron 76 goles. Houbo bastante ambiente na bancada de maneira especial por parte dos acompañantes dos dous equipos portugueses que participaron no evento.
A climatoloxía acompañou ao torneo na xonada de mañá, pero pola tarde xa coa saída do sol, viviuse unha sesión baixo unha intensa calor.
O club agradece a reposta á chamada a todos os clubes invitados para participar neste torneo e tamén amosa a súa satisfación pola deportividade tanto no campo como na bancada ao longo de todo o día.