O Xuvenil "A" xa traballa
O equipo xuvenil a Liga Nacional, dirixido por Iván Alonso e Brais Silva por segunda tempada consecutiva, e con Roberto Abad como preparador físico, iniciou na mañá deste xoves os adestramentos con 26 futbolistas no campo Miguel Ángel-Os Remedios.
Durante estas dúas primeiras semanas os branquiverdes adestrarán pola mañá. O primeiro partido amistoso será o 9 de agosto co Ribadavia Atlético da 1ª Galicia no Xestal e o 16 de agosto será o segundo no campo do Peroxa tamén de 1ª Galicia.