El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

O Xuvenil volve ás vitorias cun amplo triunfo fabricado na primeira metade

Despois de dúas derrotas consecutivas, o Pabellón da Liga Nacional Xuvenil recuperou crédito cunha ampla vitoria diante do Atlético Coruña Montañeros. Os herculinos presentábanse nos Remedios cunha racha oposta á dos branquiverdes despois de tres xornadas consecutivas sen perder ante rivais cualificados: Lugo (1-0), Val Miñor (1-1) e Deportivo B (1-1).

Despois dun mellor comezo dos visitantes, pronto tomarían o control da situación os de David Carnero ante un rival xeneroso no xogo de balón e contundente cando a situación o requería.

Os branquiverdes fabricaron a vitoria a partir do minuto vinte e cinco. Antes habían gozado de dúas situacións de gol, unha de Amills tras escaparselle o balón ao meta Marcos e a segunda nun bo centro raso de Unai dende a esquerda que se paseou pola área pequena sen rematador. 

Precisamente polo flanco esquerdo chegaría o primeiro tanto local. Un centro de Unai foi cabeceado por Fernando colocando o balón dentro da portería coruñesa. O segundo tanto foi tras un roubo de balón na saída do rival e que aproveitaría Fernando para repetir ao anotar inapelablemente o 2-0.

A cousa non quedaría ahí. Cos herculinos tratando de asimilar a situación do partido, Saúl fabricou unha excelente xogada paralelo á linea de fondo y despois de sortear a varios contrarios o seu disparo petou no poste saíndo o balón ao medio do área pequena onde Justino remachou para poñer o terceiro no marcador, chegándose ao descanso cun claro 3-0.

Segundo tempo

Na volta de vestiarios o técnico visitante Jairo Arias fixo dous trocos coa intención de buscar un revulsivo de cara á segunda metade. Buscaron un gol que os metese no partido e foi un dos xogadores incorporados dende o banquillo, Mato, que dun potente disparo curzado batía a Bruno para o 3-1.

Os herculinos tomaron aire e buscaron unha segunda diana que abrise completamente a cita e un balón á madeira da portería ourensán deu un susto aos branquiverdes. A cousa quedou ahí xa que despois de tres boas ocasións para haber pechado o enfrontamento, Amills daría un golpe mortal para o rival anotando o cuarto tanto para o definitivo 4-1.

Despois deste triunfo o Pabellón suma 13 puntos na táboa clasificatoria, a un punto dunha disputadísima zona de ascenso. Na seguinte xornada visita ao Bergantiños nas Eiroas, rival que nestes momentos ocupa a primera praza que permite o salto á División de Honra con 15 puntos.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (4): Bruno, Dámaso, Langa, Juan Pablo, Unai (Manu, m.76), Esteban (Aarón, m.50), Sergio, Justino, Amills, Fernando (Machaca, m.76) e Saúl (Iago Outeiriño, m.61). 

Atlético Coruña (1): Marcos, Izan, Carlos (Alejandro, m.60), Gonzalo (Menéndez, m.81), Manu, Sierra (Julián, m.46), Pablo, Álex (Javier, m.72), Hugo, Habib (Mato, m.46) e Roberto.

Árbitro: Fernández Rodríguez, asistido nas bandas por Prendes Cacabelos e Jiménez Domínguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Habib (m.22) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.25: Fernando. 2-0, m.38: Fernando. 3-0, m.39: Justino. 3-1, m.55: Mato. 4-1, m.80: Amills.

Incidencias: Partido da sétima xornada da Liga Nacional Xuvenil. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

O Xuvenil volve ás vitorias cun amplo triunfo fabricado na primeira...