viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

O Xuvenil "A" superou ao CVC Valadares

Despois de dúas derrotas consecutivas, o Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil volvía ao camiño das vitorias (1-0) a costa de superar nos Remedios ao CVC Valadares. Osián anotaría o único gol ao transformar un penalti.

O partido tivo un tempo para cada equipo. Na primeira metade foron os de Cándido Gómez quenes levaron a batuta creando moitas ocasións de gol, cunha defensa moi adiantada do rival, nas que faltou definición no remate. Un claro penalti sobre Osián foi transformado polo propio xogador aos dezaoito minutos.

Posteriormente os locatarios reclamarían outra pena máxima no que pareceu un claro derrubo por detrás a un xogador local pero o colexiado non o interpretou como tal, chegándose ao descanso con esa vitoria mínima que se antoxaba moi curta polo visto neses corenta e cinco minutos.

No segundo tempo foi o Valadares quen levou a iniciativa diante dun Pabellón incómodo no campo e desbordado no medio campo. De todos os xeitos, e por fortuna, o dominio e a presión que exerceron os visitantes non tivo trascendencia no marcador e ao final os tres puntos quedaron na casa, non sin sufrimento. Ver ficha técnica.

Transcurido un tercio da competición o equipo suma 20 puntos nunha apretada táboa. Ver clasificación. Na próxima xornada o Pabellón CF visita ao Pontevedra CF.

O Xuvenil "A" superou ao CVC Valadares