O equipo suma dez xornadas sen perder
Non quería sopresas a expedición pabellonista nesta visita ao colista da categoría, tendo en conta ademáis que o Porriño viña de gañar a domicilio a un Pontevedra candidato ao ascenso. Os de Cándido Gómez, que acumulan dez xornadas sen perder, fixeron un partido práctico con obxectivo de manter a súa portería a cero -tres consecutivos sen encaixar- e intentar aproveitar algunha das ocasións que se lle presentase.
Cunha excelente labor defensiva dos branquiverdes a confrontación foi consumindo minutos e despois de chegarse ao descanso sen novidades no marcador, no arranque da segunda parte Bryan adiantaría aos nosos. A partir de ahí os locatarios buscaron a igualada pero un hermético Pabellón apenas deu opcións para iso e incluso tivo as súas para aumentar distancias. Ao final o marcador non se movería e os puntos viñeron para Ourense. Ficha técnica.
Consumidas vinte xornadas de competición o equipo ocupa a terceira praza -primeira de ascenso- con 39 puntos, un máis que o CD Areosa, que será o próximo rival nos Remedios. Ver clasificación.