Punto insatisfactorio a última hora para o Xuvenil A
O Pabellón tivo que conformarse cun punto (1-1) na cita contra o Lugo "B" da Liga Nacional Xuvenil disputada no Miguel Ángel-Os Remedios. Con este resultado os branquiverdes seguen fóra das prazas de acenso.
Os de David Carnero non tiveron unha boa tarde diante dun rival moi intenso e máis activo durante gran parte do enfrontamento. O equio pabellonista foi moi intermitente en varias fases do partido, se xeito especial no tramo final de cada tempo.
Os lucenses, moi serios en defensa todo o partido, tomarían vantaxe apenas pasada a media hora de xogo cun tanto de Diego, chegándose ao descanso con ese marcador nunha primeira metade na que Saúl tivo unha boa ocasión na que o meta rival evitaría o tanto.
Segunda parte
No segundo tempo foi un querer en non poder, cun ida e volta durante a primeira media hora. No tramo final do choque os locatarios pisaron máis o área contraria e chegarían varias oportunidades en accións de Saúl e Fernando.
A catro minutos para o final Iago Outeiriño anotaría o empate e posteriormente os locatarios gozarían de dúas oportunidades para haberse levado a vitoria.
Despois dos marcadores desta xornada o Pabellón (49 puntos) está a catro puntos do Pontevedra (53) e a dous do Choco (51), que son as dúas escuadras que ocupan as prazas de ascenso á División de Honra. Detrás dos branquiverdes están Val Miñor (49), próxima rival en Nigrán despois da Semana Santa, e un sorprendente Valadares (45).
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF (1): Bruno, Carracedo (Unai, m.54), Juan Pablo, Manu (Langa, m.54), Iago Outeiriño, Saúl, Dámaso (Machaca, m.80), Esteban, Sergio (Mauro, m.80), Fernando e Carlos (Amills, m.66).
CD Lugo B (1): Jorge, Lourido (García, m.88), Lamús, Diego, Aarón, Nixon, Iriarte, Iker, Baliño (Keko, m.67), Fran e Xavy (Fio, m.86).
Árbitro: Casanova Cudeiro, asistido nas bandas por Pintos Fernñandez e Lamelas Belmonte (Comité Galego-Ourense). Amonestiu a Lamús (m.39) nos visitantes.
Goles: 0-1, m.33: Diego. 1-1, m.86: Iago Outeiriño.
Incidencias: Partido de xornada vinte e sete da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º- Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.