0-0 | Xuvenil "A" segue reñido co gol

SÁBADO 01/02/2025 (12:00) Campo: MANUEL JIMÉNEZ (100)
AROSA SC "B" : 0 – PABELLÓN CF : 0
Novo empate sen goles, quinto da tempada, do conxunto pabellonista na visita ao penúltimo clasificado na decimonovena xornada da Liga Nacional Xuvenil.
Os branquiverdes, que seguen terceiros con 38 puntos, ven como os inmediatos perseguidores xa están moi cerca, o Racing de Ferrol situouse a un (37) e a UD Ourense a tres (35) amén do que fagan Coruxo (30) e Lugo (30) no partido entre eles e a maiores ambos cun partido menos polo temporal.
Na parte positiva os de Iván Alonso aumentan a sete os partidos que levan sen perder e na parte negativa o equipo soamente leva anotados tres goles neses sete enfrontamentos.
Esperaban máis os branquiverdes nesta saída a Vilagarcía diante dun rival que se presentaba a esta citas cunha racha negativa de dez partidos sen gañar e cun só punto sumado de trinta. Despois dunha primeira metade máis ou menos igualada, na segunda parte os pabellonistas puxeron no campo toda a súa ofensiva pero non foi capaz de marcar.
Na próxima xornada o Pabellón recibe no Miguel Ángel ao Coruxo.
FICHA TÉCNICA
Arosa SC "B": Bellón, Miguel, Otero, Jorge, Gael, Xavi (Mateo, m.82), Ismael (Pereira, m.82), Yago, Pablo, Raúl (Óscar, m.89) e Jacobo.
Pabellón CF: Abraham, Tiago, Lamús (Gómez, m.65), André, Ander, Julián, Cougil, Joel, Lucas (Bruno, m.60), Mociño (Álex García, m.76) e Etien (Youness, m.60).
Árbitro: Asier Manuel Fariña Biasi, asistido nas bandas por Barreiro Viñas e Franco Echeverri (Comité Galego-Pontevedra). Amonestaron a Ismael (m.8) nos locais e a Etien (m.42) nos visitantes.