El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

O Xuvenil A rescata un punto no desconto diante dun Oroso que estivo mellor

O Pabellón da Liga Nacional Xuvenil sumou un punto nos Remedios que foi o máis positivo dunha tarde complicada. O gol de Sergio (1´) con apenas un minuto de xogo parecía que permitiría un partido plácido para os branquiverdes.

Pero a realidade foi outra xa que o Xuventude Oroso lanzouse á búsqueda da portería de Bruno e dispuxo de varias oportunidades, unha delas culminadas por Leiva (14´) para o empate, diante dun conxunto pabellionista que nunca estivo cómodo no campo e que tivo en un par de accións de Saúl e un disparo de Justino opcións de marcar.

A forte presión alta dos visitantes dificultaba moitísimo o xogo dos locatarios. Os visitantes crearon moitísimos problemas en ataque liderados por Facal, situado entre liñas durante os noventa minutos con absoluta libertade e ben secundado polos seus compañeiros da línea medular. Con táboas chegaríase ao descanso.

Segunda metade

Na volta de vestiarios o Oroso saiu moi forte e tivo varias ocasións para haberse posto por diante no marcador. Bruno tivo que empregarse a fondo nunha fase na que os visitantes atoparon moitos ocos na liña defensiva pabellonista.

Foron pasando os minutos e a incomodidade nos branquiverdes persistía, notándose unha lixeira melloría no gtramo final do partido. Sen embargo, cada contra visitante levaba moito perigo e así chegaría o segundo tanto obra de Brais (87´) nunha boa acción dos seus.

Con moi poucos minutos por diante os branquiverdes arriscaron pasando Juan Pablo ao ataque e foi o defensa local quen puxo as táboas no desconto (92´) para salvar un punto.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (2): Bruno, Carracedo (Dámaso, m.46), Juan Pablo, Langa, Unai, Saúl (Aarón, m.88), Esteban, Sergio (Gabriel, m.82), Justino, Carlos (Mauro, m.63) e Amills (Fernando, m.53).

Xuventude Oroso (2): Antón, Brais, Martín, Rubénn (Rosende, m.59), Anxo, Souto, Etién (Óscar, m.59), Facal (Simón, m.90), Leiva, Diego (Raúl, m.59) e Alejandro.

Árbitro: Estévez Blanco, asistido nas bandas por Álvarez Izquierdo e Betncourt Aguirre (Comitè Galego-Ourense). Amonestaron a Dámaso (m.69), Fernando (m.74) e Aarón (m.90) nos locais e a Martín (m.90) e Anxo (m.90) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.1: Sergio. 1-1, m.14: Leiva. 1-2, m.87: Brais. 2-2, m.90+2: Juan Pablo.

Incidencias: Partido da terceira xornada da Liga Nacional Xuvenil. Campo Miguel Ángel-Os Remedios en Ourense.

O Xuvenil A rescata un punto no desconto diante dun Oroso que...