El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

O Xuvenil A pasou dun triunfo cómodo a sufrir ao final

O Pabellón apuntouse os tres puntos (3-1) contra o Bergantiños para manterse na segunda praza de ascenso, con 48 puntos, na Liga Nacional Xuvenil, con dous puntos sobre o Val Miñor (46) e tres con respecto ao Choco (45), ao que visitará na próxima xornada nunha cita que se presenta crucial.

En canto ao partido coa escadra de Carballo, os branquiverdes intentaron levar a batuta do xogo contra un rival cunha liña defensiva moi adiantada.

Buscando espazos ás costas da zaga visitante os de David Carnero crearían un par de ocasións ata que no ecuador deste primeiro acto Fernando anotaría o primeiro dos branquiverdes con algo de fortuna nun rebote.

A medida que pasaban os minutos o Bergantiños foi metendo ao pabellonistas no seu campo aínda que sen levar moito perigo, chegándose ao descanso co 1-0 que sinalaba o marcador.

Segundo tempo

A segunda metade tivo dúas partes moi diferentes. Durante unha media hora os branquiverdes foron superiores e en apenas sete minutos da reanudación xa tiñan un 3-0 a favor grazas aos tantos de Fernando e Carlos. Foi unha fase na que ata o rival parecía entregar o partido e os locatarios gozaron de ocasións para ampliar a vantaxe.

Tras un carrusel de trocos por ambos coxuntos, chegaría o tanto dos visitantes nunha rara acción na que o colexiado sinalaba un libre indirecto na que Riki acertaría para o 3-1.

A partir de ahí cambiou a decoración. O Pabellón estivo moi impreciso e un pouco perdido e no medio de iso chegaría varias ocasións do rival, a máis clara de Baldo, que disparou fóra ante Bruno

Por fortuna esa acción non tivo repercusión no marcador xa que lle houbera dado moito picante aos poucos minutos que restaban. Ao final sufriuse máis da conta nun partido que estaba encarrilado e controlado.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (3): Bruno, Carracedo, Juan Pablo (Dámaso, m.51), Langa, Manuel (Aarón, m.68), Iago Outeiriño, Saúl, Esteban, Sergio (Unai, m.67), Fernando (Mauro, m.67) e Carlos (Amills, m.68).

Bergantiños CF (1): Pablo, Mateo (Álex Sánchez, m.62), Alberto, Alejandro, Iago, Javi, Marcote (Baldo, m.58), Costa (Andrés, m.58), Aller (Darío, m.67), Raúl e Iván (Riki, m.58).

Árbitro: Casanova Cudeiro, asistido nas bandas por González Castro e Márquez Pérez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Bruno (m.71) e Carracedo (m.89) nos locais.

Goles: 1-0, m.21: Fernando. 2-0, m.48: Fernando. 3-0, m.52: Carlos. 3-1, m.80: Riki.

Incidencias: Partido da xornada vinte e cinco da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

O Xuvenil A pasou dun triunfo cómodo a sufrir ao final