Liga Nacional Xuvenil

O Xuvenil A gañou no campo do colista no peche da primeira volta

O Pabellon pechou a primeira volta da Liga Nacional Xuvenil cunha vitoria solvente (1-3) no campo do Calasanz, colista do grupo, e encadeando dous triunfos consecutivos despois de superar a semana anterior ao Celta B nos Remedios.

Os branquiverdes, cuna revolucionario once inicial, encarrilaron o partido no treito final da primeira metade grazas a un tanto de Manu. No arranque da segunda metade, apenas transcurridos tres minutos, Justino ampliaba a vantaxe co segundo, pero a resposta local chegaría tres minutos despois co tanto de Hadrián.

A sentenza

Con esta situación o partido entraría nunha fase na que os herculino buscaban o empate o os pabellonistas un gol que pechase o choque, algo que sucedería a quince minutos do final coa diana de Iago Outeiriño. Ata o final do encontro os de David Carnero souberon xestionar a renda ante un rival que apenas inquietou a meta de Bruno.

Coa vitoria o Pabellón segue metido na loita polas prazas de ascenso, situados a cinco puntos do Pontevedra e a dous do Choco. Na próxima xornada arranca a segunda volta e o equipo volver a xogar lonxe dos Remedios coa visita ao Conxo Santiago. Os santiagueses, penúltimos na táboa, veñen de gañar no campo do Val Miñor fai dúas semanas en nesta empataron co Deportivo B.

 

FICHA TÉCNICA

CD Calasanz (1): Mourelle, Miguel (Martín, m.69), Alejandro (Sandro, m.78), Manuel, Guillermo (Iván, 55), Hadrián, Álvaro, Santi, Hugo (Raúl, m.69), Javier e Sergio.

Pabellón CF (3): Bruno, Carra, Langa, Juan Pablo, Manu (Iago Outeiriño, m.46), Mociño (Machaca, m.57), Aarón (Sergio, m.46), Esteban, Justino, Saúl (Mauro Sabucedo, m.73) e Fernando (Carlos, m.46).

Árbitro: López Vila, asistido nas bandas por Amor Vázquez e Balsa Ramallo (Comité Galego-A Coruña). Amonestou a Alejandro (m.59) nos locatarios e a Langa (m.28) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.36: Manu. 0-2, m.48: Justino. 1-2, m.51: Hadrián. 1-3, m.75: Iago Outeiriño.

Incidencias: Partido da xornada dezasete da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo San Pedro de Visma 1 na Coruña.