O Xuvenil A fabricou a vitoria co Racing no primeiro tempo
Vitoria importante do Pabellón contra o Racing de Ferrol (2-0) dentro da Liga Nacional Xuvenil na cita disputada na mañá do domingo no campo Miguel Ángel-Os Remedios. O resultado favorable mantén ao equipo na segunda praza de ascenso (44 puntos) con unha lixeira vantaxe sobre Val Miñor (43) e Choco (42).
Os de David Carnero fabricaron o triunfo na primeira metade, fase na que anotarían os dous goles que figuraban no marcador ao final dos noventa minutos. Nese primeiro acto non houbo un claro dominador cun ida e volta que deixou varias oportunidades de gol para ambos conxuntos.
Despois dos avisos de David López por parte visitante e Justino por parte local, chegarían as dúas accións que decidiron o choque. O primeiro gol foi nun remate de Fernando a centro de Saúl (13´) e o segundo chegaría pouco despois (22´) ao culminar Justino una galopada rapidísima por la banda esquerda. Con esa vantaxe locala chegaríase ao descanso.
Segundo tempo
Na reanudación esperábase a un Racing na búsqueda dun gol que o metese no partido, pero o traballo defensivo do equipo, que soubo nadar e gardar a roupa, mantivo á raia ao rival, que apenas inquietou a portería defendida por Bruno.
O técnico visitante moveu pezas no ecuador desta fase dando entrada a homes de moita envergadura pero tampouco tivo o efecto esperado xa que a defensa branquiverde estivo hermética tanto por arriba como por abaixo.
Justino e Amills tiveron as ocasións para sentenciar e o Racing gozou dunha nos últimos instantes. Ao final 2-0 e os tres puntos que quedaron na casa.Na próxima xornada o Pabellón visita ao Atlético Coruña Montañeros nunha saída moi complicada para os de David Carnero.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF (2): Bruno, Carracedo (Mauro Sabucedo, m.66), Langa, Juan Pablo, Manu, Iago Outeiriño (Unai, m.66), Esteban, Sergio, Saúl (Machaca, m.80), Justino (Amills, m.85) e Fernando (Aarón, m.80).
Racing (0): Ismael, Vicente (Bruno, m.63), Raúl (Noel, m.63), Daniel, Rafita, Leo, David López (Berretta, m.78), Alejandro, Manso (Thiago, m.78), Santi (Lucas, m.55) e David Carballo.
Árbitro: Casanova Cudeiro, asistido nas bandas por Martín Rodríguez e Quintana Couceiro (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Justino (m.67) nos locatarios e a David Carballo (m.71) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.13: Fernando. 2-0, m.22: Justino.
Incidencias: Partido da xornada vinte e tres da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.