El tiempo
miércoles. 17.04.2024
El tiempo

O Xuvenil "A" examínase ante o Celta na Madroa

J1-Pabellón-Ural_18. Foto: Carlos DomarcoOs de Cándido Gómez teñen unha dura salida este sábado dende as 17:00 horas coa visita a Madroa para enfrontarse o Celta na segunda jornada da División de Honra Xuvenil.

 

O noso Xuvenil visita un dos campos máis complicados da División de Honra Xuvenil, A Madroa, para medirse a un Celta sempre favorito aos postos altos, a pesar do empate da xornada inaugural ante o Val Miñor (1-1). O partido terá lugar este  no Campo 2 da Madroa, dende as 17:00 horas de este sábado, na que será a segunda xornada de liga do Grupo A1 da División de Honra Xuvenil.

 

Por a súa parte, o Pabellón iniciou a liga cun máis que merecido empate contra o Ural da Coruña, partido no que se fixeron méritos para máis, pero a pesar de gozar das mellores ocasións os de Cándido rescataron un punto (1-1) no tempo de prolongación.

 

Difícil salida no que será un bo examen para os nosos, pero que por o amosado no campo a semana pasada, é moi factible voltar cos tres puntos, ou polo menos puntuar, algo fundamental sempre, pero máis aínda nunha liga cun formato tan complicado como o de esta tempada.

O Xuvenil "A" examínase ante o Celta na Madroa