Liga Nacional Xuvenil

O Xuvenil A despide o ano cunha inesperada derrota na Coruña

O Pabellón da Liga Nacional Xuvenil non puido despedir o ano cunha vitoria despois de caer, sorpresivamente (2-1). contra un Ural Español "B" que é antepúltimo na táboa clasificatoria e que soamente conseguira unha vitoria como local contra o Conxo Santiago no que vai de tempada.

O partido no campo de A Grela 1 estivo marcado polo forte vento que disficultou moito o xogo de ambos conxuntos. No tramo final da primera metade un erro defensivo aproveitarío o cadro local para adiantarse no marcador por medio de Seijo e chegarse ao descanso con esa renda mínima dos uralistas.

Segunda metade

No retorno de vestiarios non lle quedaba outra que buscar un gol rápido aos pabellonistas para intentar darlle a volta ao partido. Pero o vento, co marcador en contra, foi un enimigo máis para os branquiverdes. Dispuxeron de ocasións para haber igualado moito antes de que Carlos anotase o empate a cinco minutos do final que deu un plus de moral para buscar o triunfo no pouco tempo que quedaba.

Pero a fortuna aliaríase cos coruñeses. No tempo de desconto un golpe de vento ao saque de Bruno xogoulles unha mala pasada xa que o balón caería nos pés de Manu, que aproveitaría para anotar o 2-1 que foi definitivo. A inesperada derrota, nun campo no que ganaran todos os equipos que están na zona alta, deixa aos pabellonistas a tres puntos do segundo posto de ascenso no parón navideño.

FICHA TÉCNICA

Ural Español "B" (2): Mateo, Queijeiro, Seijo, Manu, Diego, Jorge (Lorenzo, m.75), Gonzalo (Adrián, m.54), Pardo, Iván, Alán (Jacobo, m.75) e Matías (Álvaro, m.62).

Pabellón CF (1): Bruno, Dámaso (Carracedo, m.52), Langa, Manu, Unai (Iago Outeiriño, m.46), Justino, Esteban, Sergio (Aarón, m.79), Mociño (Juan Pablo, m.52), Saúl e Carlos.

Árbitro: García Gómez, asistido nas bandas por Cusset Ramírez e Vázquez Veiras (Comité Galego-A Coruña).

Goles: 1-0, m.41: Seijo. 1-1, m.85: Carlos. 2-1, m.90: Manu. Amonestou a Jacobo (m.87) e Manu (m.88), Nos visitantes viron cartón amarlo Mociño (m.43) e tamén expulsou a Iago Outeiriño ao final final do partido (m.90).

Incidencias: Partido da xornada dezaseis de Liga Nacional Xuvenil. Campo de A Grela 1 na Coruña.