1-0 | O Xuvenil "A" cae cun tempraneiro gol
SÁBADO 21/09/2024 (16:00) Campo: FRAGOSELO (125)
CORUXO FC : 1 – PABELLÓN CF : 0 (1-0)
Un gol aos doce minutos de partido acabou decantando a vitoria para o conxunto local na terceira xornada da Liga Nacional Xuvenil. É a primeira derrota dos branquiverdes despois de dúas datas con sendas vitorias.
Os primeiros minutos igualados probablemente cun inicio de partido algo mellor dos pabellonistas. O perigo chegou en dúas accións a balón parado sen consecuencias.
Moi cedo (12´) chegaría o gol local. Un despexe de medio campo dos coruxistas serve para que lle gañe as costas á defensa ourensán e Abraham queda a media saída para que Matthew anote.
Tras esa accións os anfitrios crecéronse moito, dominaron con balón e cando roubaban saían moi rápidos á contra levando moito perigo.
Segunda parte
Coa entrada de Cougil tras os descanso os branquiverdes melloraron e nos primeiros minutos do segundo acto volveron a ter algunha acción para poder empatar.
Co paso do tempo o partido rompeuse máis e converteuse nun ida e volta que lles favorecía a eles. O Coruxo puido sentenciar nun balón ao traveseiro e un tiro cruzado que se foi preto de pau da meta defendida por Abraham.
Nos minutos finais os de Iván Alonso e Brais Silva quedaron cun home menos pola expulsión de David.
Na próxima xornada o Pabellón recibe o domingo (12 horas) ao Bertamiráns no Miguel Ángel-Os Remedios. Un dos recén ascendidos.
FICHA TÉCNICA
Coruxo FC: Mateo, Fernando, Lago (Pablo, m.73), Guillermo, Matthew (Samuel, m.83), Diego, Óscar (Mario, m.60), Álvaro (Nazan, m.60), Noé (Basilio, m73), Lucas e Ramón.
Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús, Guti, Joel (Iván, m.72), Ander, Soriano, Julián (David, m.72), Bruno (Cougil, m.46), Mociño (Álex García, m.63) e Youness (Lucas, m.63).
Árbitro: David Táboas Lagoa, asistido nas bandas por Pérez Mouriño e Calvar Fernández (Comité Galego-Vigo). Amonestaron a Fernando (m.87) nos locais e expulsaron por dobre cartón amarelo a David (m.80) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.12: Matthew.