El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

O Xuvenil A cae no campo dun rival directo

O Pabellón regresou de vacío (2-1) do partido máis destacado da xornada na Liga Nacional Xuvenil que o enfrontaba a un rival directo polo ascenso como é o Choco no campo de Santa Mariña. 

O conxunto redondelán abriría o marcador moi cedo (5´) co tanto de Suárez, que a oito para o descanso firmaría un dobrete coa segunda diana local. Esta vantaxe de dúas dianas sería determinante para o desenlace do choque.

Na segunda metade os branquiverdes buscaron con ahínco a meta defendida por Aitor e o gol de Sergio para recortar distancias abriría un raio de esperanza para intentar, cando menos, rescatar un punto con case media ahora de xogo por diante. O choque púxose emocionante dada a incertidume do marcador.

Sergio foi o autor do gol branquiverde en Santa Mariña

Clasificación apretada

Os de David Carnero, que reclamaron un penalti a Carlos nos instantes finais, tiveron a súas oportunidades para haber igualado o choque pero finalmente o marcador non se movería máis. Dentro do malo que supuxo a derrota, os branquiverdes igualaron o golaverage particular co Choco, que coa vitoria iguala a puntos (48) cos ourensáns.

O beneficiado deste marcador foi o Val Miñor, que tras gañar á UD Ourense (2-0) suma 49 puntos e pasa a ocupar a segunda praza de ascenso. A primera está en mans do Pontevedra con 53 puntos.  Na próxima xornada o Pabellón recibe nos Remedios ao CD Lugo B.

FICHA TÉCNICA

CD Choco (2): Aitor, Edy, Gael, Álex Fer, Graña (Xián, m.71), Suárez (Mateo, m.81), Edu, Bautista (Gorka, m.71), Yoel (Pedro, m.81), Táboas e Aarón.

Pabellón CF (1): Bruno, Dámaso (Aarón, m.75), Langa, Juan Pablo, Manu (Unai, m.46), Saúl, Esteban, Sergio, Iago Outeiriño, Fernando (Amills, m.68) e Carlos.

Árbitro: Figueiredo Comesaña, asistido nas bandas por Veloso Prado e Pregal Fernández (Comité Galego-Vigo). Amonestou a Lago (m.30) e Yoel Crespo (m.72) nos locais e a Dámaso (m.20), Manu (m.24), Langa (m.48), Amills (m.67) e Saúl (m.83) nos visitantes.

Goles: 1-0: Suárez. 2-0, m.37: Suárez. 2-1, m.67: Sergio.

Incidencias: Partido da vixesimo sexta xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo de Santa Mariña en Redondela.

O Xuvenil A cae no campo dun rival directo