El tiempo
domingo. 28.04.2024
El tiempo

LIGA GALEGA XUVENIL

O Xuvenil "B" xa ten novo adestrador

Joel Docampo Lorenzo (Ourense, 1994), coa titulación UEFA-Pro, dirixirá ao Pabellón "B" da Liga Galega Xuvenil na próxima tempada. O novo adestrador branquiverde chega procedente do CDC Santa Teresita da Primeira  Galicia, categoría na que foi o técnico máis xoven dos dezaoito equipos.

Joel Docampo, que todavía non ten asignado o seu axudante, formou estivo unha tempada como xogador do Pabellón Promesas na súa primeira participación na Liga Galega Xuvenil.

A súa etapa deportiva estivo sempre ligada ao CDC Santa Teresita salvo dous anos nos que por estudos estivo no fútbol vasco, un deles no Xuvenil "B" da SD Indautxu e outro como axudante en varios equipos da base da SD Éibar.

O Xuvenil "B" xa ten novo adestrador