1-1 | Empate dun Xuvenil A que mereceu máis
DOMINGO 19/04/2026 (18:00) Campo: PONTE DOS BROZOS (200)
ATLÉTICO ARTEIXO: 1 – PABELLÓN CF: 1 (0-0)
Atlético Arteixo e Xuvenil A empataron nun duelo directo pola permanencia correspondente á 30ª xornada da Liga Nacional Xuvenil, nun encontro intenso que deixa aos de Rubén García con 34 puntos e cinco xornadas consecutivas sen coñecer a derrota, aínda que condicionados polos posibles arrastres desde a División de Honra.
O cadro pabellonista realizou unha primeira metade de claro dominio, na que o máis xusto sería marchar ao descanso por diante no marcador. Lucas creou moitos problemas aos locais pola banda dereita, desbordando en varias ocasións á defensa local e xerando ata catro ocasións clarísimas que non atoparon portería. A polémica chegou nun saque de esquina, cando Bericat, só debaixo dos paus, foi derrubado no momento de rematar, reclamando os ourensáns penalti. Pola súa banda, o conxunto local apenas inquietou cun tímido disparo afastado.
Na segunda metade o encontro igualouse, aínda que non estivo exento de controversia. Nun saque de banda, o Pabellón perdeu un balón precedido dunha posible falta non sinalada, que acabou nunha contra letal do Arteixo para facer o 1-0. A reacción visitante non se fixo agardar e, apenas cinco minutos despois, unha acción de Nico que cortou un rival coa man dentro da área que o colexiado no interpretou como tal.
O empate chegou tras unha boa acción colectiva: centro de Lucas, remate de Jesús e, no rexeite, Álex Riveiro enviou o balón ao fondo da rede, facendo xustiza ao visto sobre o terreo de xogo. Ata o final, o partido mantívose moi igualado e con poucas ocasións claras, aínda que na última xogada produciuse outra acción discutida, cun xogador local en claro fóra de xogo que non foi sinalado e que estivo a piques de significar o gol da vitoria.
En definitiva, un empate que sabe a pouco para un Pabellón que fixo méritos para máis, pero que continúa sumando nun momento clave da tempada. Na próxima xornada o Pabellón recibe no Miguel Ángel a visita do Coruxo.
FICHA TÉCNICA
Atlético Arteixo: Izan, Asier (Andrés, m.63), Breixo, Álvaro (Lucas, m.82), Martín, Xoel, Sergio (Varela, m.63), Adrián (Iago, m.82), Diego, Kevin e Mael.
Pabellón CF: Roberto, Iván, Tiago Barbosa, Bericat, Guille, Ander, Gómez, Jesús (Samuel Ferraz, m.72), Lucas (Gael, m.79), Nico (Tiago Cerdeiro, m.79) e De Blasis (Álex Riveiro, m.56).
Árbitro: Marcos Ordóñez Rodríguez, asistido nas bandas por Grille Landeira e Miguel Pazos (Comité Galego-A Coruña). Amonestaron nos locais a Asier (m.40), Diego (m.76) e Mael (m.85) e nos visitantes a Gómez (m.38), Ander (m.53), Nico (m.80), Samuel Ferraz (m.83), Bericat (m.88) e Gael (m.90).
Goles: 1-0, m.60: Sergio. 1-1, m.72: Álex Riveiro.