LIGA NACIONAL XUVENIL

2-0 | A eficacia do Ural tumba ao Xuvenil A

SÁBADO 14/02/2026 (12:15)  Campo: ELVIÑA GRANDE (150)

URAL ESPAÑOL CF : 2 – PABELLÓN CF : 0 (0-0) 

O Ural Español impúxose por 2-0 ao Xuvenil A nun encontro no que os branquiverdes regresaron de baleiro de terras coruñesas tras pagar cara a súa falta de definición nas ocasións das que dispuxeron. A cita correspondía a 22ª xornada da Liga Nacional Xuvenil.

O partido comezou igualado, con alternancia no dominio e sen un claro dominador. O Pabellón mostrouse ordenado e competitivo, logrando xerar achegamentos con perigo, pero sen a precisión necesaria nos metros finais. A solidez defensiva de ambos conxuntos marcou unha primeira metade sen goles, na que o marcador non se moveu malia os intentos visitantes.

Tras o descanso, o choque mantivo un guión semellante ata que, cando se achegaba a hora de xogo, Diego sorprendeu cun gol olímpico que adiantou aos locais. O tanto foi un duro golpe para os ourensáns, que se viron obrigados a asumir máis riscos na procura do empate.

O Pabellón envorcouse en ataque nos minutos finais, pero a falta de acerto volveu condenalo. Xa sobre o bocinazo final, e á saída dun saque de esquina, Chans aproveitou un rexeite para establecer o definitivo 2-0, pechando o encontro.

A derrota deixa ao conxunto branquiverde con 25 puntos na clasificación. Na vindeira xornada terá unha cita moi importante no Miguel Ángel, onde recibirá ao Val Miñor B.

Os capitáns de ambos equipos co trío arbitral

FICHA TÉCNICA

Ural Español CF: Joel, Brais, Naim, Diego (Chans, m.82), Jacobo, Hugo (Camba, m.67), Samuel (Fumega, m.67), Adrián, Moreno (Leo, m.30), Sergio e Piñeiro (Sambade, m.67).

Pabellón CF: Maikel, Iván, Tiago Barbosa, Bruno (Gael, m.65), André, Guille, Melguizo (David, m.77), Ander (Hugo Oliva, m.80), Nico, Veiras (Tiago Cerdeiro, m.65) e Simón (Jesús, m.80).

Árbitro: Alejandro Castro Alarcón, asistido nas bandas por Reñones Lema e Saavedra Méndez (Comité Galego-A Coruña). Amonestaron nos locais a Diego (m.44), Jacobo (m.67), Leo (m.80) e Naim (m.90) e nos visitantes a Iván (m.70) e André (m.90)

Goles: 1-0, m.59: Diego. 2-0, m.90: Chans.