LIGA NACIONAL XUVENIL

0-1 | Tres puntos de ouro para o Xuvenil A

DOMINGO 01/02/2026 (12:00)  Campo: A XUNQUEIRA (100)

CD AREOSA : 0 – PABELLÓN CF : 1 (0-0) 

O Xuvenil A asinou unha vitoria de peso na xornada 20ª da Liga Nacional Xuvenil en A Xunqueira, tras impoñerse por 0-1 ao Areosa nun encontro no que os de Rubén García demostraron personalidade, orde e ambición para levar tres puntos de enorme valor.

O conxunto blanquiverde realizou un partido moi serio e completo, maniatando en todo momento ao cadro vigués e xerando ocasións suficientes como para que o marcador fose máis amplo. Na primeira metade, David, Nico e Iker Regueira tiveron nas súas botas o primeiro tanto, mentres que o Areosa apenas inquietou cunha única chegada con perigo, ben resolta pola defensa ourensá.

O premio ao traballo chegaría no comezo da segunda parte. Nico abriu o marcador cun tanto que supuxo un duro golpe para os locais, que non se atopaban cómodos sobre o terreo de xogo ante a presión e o control visitante. A partir de aí, o Pabellón pasou a dominar a situación con madurez, sen conceder espazos e administrando a vantaxe con intelixencia.

O propio Nico puido sentenciar nun man a man co meta local, pero o marcador xa non se movería. O 0-1 final reflicte a superioridade dun Pabellón que competiu con autoridade e levou con xustiza os tres puntos.

Con este triunfo, os blanquiverdes elevan a súa conta ata os 25 puntos, reforzando a súa posición na táboa. Na vindeira xornada, o equipo recibirá ao Victoria da Coruña no Miguel Ángel.

 

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral
Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

CD Areosa: Rodrigo, Antonio (Héctor, m.64), Xian, Iago (Álvaro, m.72), Luis, Alejandro, Saúl (Jonás, m.64), Enzo (Martín, m.72), Joel, Juan Carlos e Bari (Hugo, m.35).

Pabellón CF: Roberto, Iván (Hugo Oliva, m.89), Tiago Barbosa, André, Samuel Ferraz (Gael, m.57), Guille, Tiago Cerdeiro, Ander, David (Veiras, m.76), Nico (De Blasis, m.84) e Iker Regueira (Bericat, m.57).

Árbitro: Eduardo Rivera Gores, asistido nas bandas por Díaz González e Riveiro González (Comité Galego-Vigo). Amonestaron a Joel (m.81) nos locais e nos visitantes a Veiras (m.53), Gael (m.89) e Ander (m.90).

Goles: 0-1, m.50: Nico.