LIGA NACIONAL XUVENIL

2-1 | O Xuvenil A remonta para sumar tres puntos

SÁBADO 18/10/2025 (16:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)

PABELLÓN CF: 2 – CD LUGO B: 1 (0-0) 

O Pabellón sumou tres novos puntos ao remontar ao Lugo B e enlaza dúas vitorias consecutivas despois do enfrontamento da sétima xornada da Liga Nacional Xuvenil que deixa ao equipo con 12 puntos.

A primeira metade desenvolveuse cunha maior posesión de balón por parte dos lucenses sen unha claridade de perigo. As ocasións de gol foron dos ourensáns neste periodo, tres bastante claras.

A primeira nun centro de Veiras ao área pequena ao que non chegou por pouco Nico anticipándose o meta. A segunda nun remate de Tiago Barbosa que desviou o porteiro rival in extremis co pé tras a execución dunha falta lateral. E a terceira, a máis clara, nun remate de cabeza ao travesaño de Iker Regueira. Sen que se movera o marcador chegaríase ao descanso.

O Lugo tivo máis balón pero as ocasións foron locais
O Lugo tivo máis balón pero as ocasións foron locais

Segundo tempo

No retorno de vestiarios as cousas puxéronse costa arriba co gol dos visitantes nun disparo de Hugo con apenas catro minutos transcurridos. 

Non lle perdeu a cara ao partido o cadro local, que a medida que foron pasando os minutos parecía neutralizar o anterior dominio do rival no primeiro periodo.

Os de Rubén García fixeron un enorme desgaste que tivo recompensa. Un centro de Nico foi rematado por Iker Regueira para devolver a igualdade no taboleiro con doce minutos de juego. 

Iker Regueira anotou o gol do empate para os locais
Iker Regueira anotou o gol do empate para os locais

A partir de ahí o partido entrou nun ida e volta no que os pabellonistas conseguirían o segundo gol a dezaoito minutos do final tras anotar Jesús un centro raso de Ander.

De ahí ata o final o Lugo intentouno pero o cadro local estivo moi firme en defensa e os tres puntos quedaron na casa. Na próxima xornada o Pabellón visita ao Alondras.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral
Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Roberto, Gael (Iván, m.46), Tiago Barbosa, André, Guille, Ander, Melguizo, Nico (Tiago Cerdeiro, m.64), Lucas (Bruno, m.74), Hugo Veiras (Jesús, m.55) e Iker Regueira (Simón, m.64).

CD Lugo B: Xabier, Enzo (Gabriel, m.60), Marcos, Daniel, Hugo, Pablo (Arias, m.75), Sergio (Jesús, m.69), Saúl, Monteagudo (Diego, m.60), Javier e Brais (Gustavo, m.75).

Árbitro: Adrián Rodríguez Labrador, asistido nas bandas por Lamelas Belmonte e Feijóo Pazos (Comité Galego-Ourense). Amonestaron nos locatarios a Nico (m.11), Gael (m.30), Hugo Veiras (m.55), Ander (m.76), Melguizo (m.77) e Simón (m.82).

Goles: 0-1, m.49: Hugo. 1-1, m.57: Iker Regueira. 2-1, m.72: Jesús.