LIGA NACIONAL XUVENIL

3-2 | O Xuvenil A regresa de vacío

SÁBADO 27/09/2025 (12:15)  Campo: A GRELA 1 (150)

VICTORIA CF: 3 – PABELLÓN CF : 2 (1-0) 

O Pabellón regresou de vacío na súa visita ao Victoria no choque correspondente á cuarta xornada da Liga Nacional Xuvenil. É a segunda derrota consecutiva dos branquiverdes despois dun arranque de competición con dous triunfos. O equipo queda con 6 puntos.

Os herculinos conseguiron adiantarse no último minuto da primeira metade por medio de Ismael cando parecía que despois dun periodo equilibrado ambos equipos marcharían a vestiarios sen que se movese o marcador.

Segundo tempo

Un gol de Nico aos seis minutos da reanudación nivelou a contienda pero cinco máis tarde os coruñeses volvían a tomar vantaxe coa diana de Aarón. Cun Pabellón á búsqueda da igualada chegaría un novo empate como consecuencia dun penalti transformado por Lucas.

Con vinte minutos por diante o partido estaba aberto para calquera dos dous pero foron os locatarios quen novamente volverían a situarse por diante co gol de Alejandro, que levaba dez minutos no campo. Ao final derrota ourensán por 3-2.

Na próxima xornada o Pabellón recibe a visita do Ural Español de A Coruña no Miguel Ángel

FICHA TÉCNICA

Victoria CF: Martín, Lucas (Alejandro, m.71),  Bouza, Aarón, Seoane, Anxo, Marcelo, Simón, Ismael (Ismael, 82), Joel (Mateo, m.82) e Javier (Jairo, m.71).

Pabellón CF: Roberto, Gael (Melguizo, m.63), Tiago Barbosa, André, Guille (Bruno, m.79), Ander, Samuel (Iván, m.63), Iago Cerdeiro, Lucas, Nico (Jesús, m.72) e Iker Regueira (Simón, m.63).

Árbitro: Diego Seoane Sánchez, asistido nas bandas por Jorge Andrés e Mkrtychyan Levon (Comité Galego-A Coruña). Amonestaron a Alejandro (m.87), Mateo (m.90) e Miguel (m.90) nos locais e nos visitantes a Iker Regueira (m.45), Samuel (m.62), Iván (m.73) e Tiago Cerdeiro (m.79).

Goles: 1-0, m.44: Ismael. 1-1, m.51: Nico. 2-1, m.56: Aarón. 2-2, m.70: Lucas. 3-2, m.81: Alejandro.