LIGA NACIONAL XUVENIL

0-2 | O Xuvenil "A" ve portería e corta a racha de empates

SÁBADO 15/02/2025 (16:00)  Campo: MUNICIPAL DE BERTAMIRÁNS (125)

BERTAMIRÁNS FC : 0 – PABELLÓN CF : 2 (0-2)  

Despois dun mes sen gañar e con catro igualadas sen marcar de forma consecutiva, o Pabellón volveu ao camiño das vitorias e dos goles no campo do Bertamiráns na cita de vixésimo primeira xornada da Liga Nacional Xuvenil.

Oito partidos consecutivos leva o equipo sen perder, nueve sin recibir un gol e con este triunfo suma 42 puntos para permanecer na terceira praza da táboa clasificatoria.

Os ourensáns, co cadete Melguizo no once inicial, estiveron moi ben na primeira metade, periodo no que anotarían os dous goles do partido e ambos de cabeza. O primeiro deles foi nun centro de Jorge que Etien remataría ao fondo da rede apenas pasados trece minutos de xogo.

Cando se consumían os últimos instantes deste primeiro acto, chegaría o segundo dos branquiverdes. Neste caso foi Gómez o que anotaría ao saque dende o curruncho de Julián. Un gol dos chamados psicolóxicos.

Dende o 11 de xaneiro nin gañaba nin perdían os branquiverdes
Dende o 11 de xaneiro nin gañaban nin perdían os branquiverdes

Segundo tempo

Na segunda metade ao Bertamiráns non lle quedou outra que arriscar na búsqueda dun gol que o metese no partido e a verdade é que os de Iván Alonso non o pasaron ben. O colexiado anulou dous tantos á escuadra local por fóra de xogo, amén dalgunha ocasión máis de perigo que non fructificaron.

O mellor do partido para os branquiverdes foron os tres puntos conseguidos nun campo de reducidas dimensións diante dun rival moi necesitado.

Na próxima xornada o Pabellón ten unha destacada cita ante o CD Lugo no Miguel Ángel.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral
Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Bertamiráns FC: Lois, Mauro, Enrique, David (Rodrigo, m.61), Mateo (Antelo, m.75), Samuel, Manuel, Fran (Lorenzo, m.61), Roi, Diego e Álvaro (Pablo, m.46).

Pabellón CF: Abraham, Jorge (Lamús, m.75), Tiago, Gómez, André, Ander, Julián (Youness, m.66), Melguizo, Lucas (Bruno, m.66), Soriano e Etien (Mociño, m.75).

Árbitro: Raúl García Veiras, asistido nas bandas por Antelo Romero e Valiño Pérez (Comité Galego-Santiago). Amonestaron a Fran (m.35) nos locatarios e a Youness (m.82) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.13: Etien. 0-2, m.45: Gómez.