0-0 | Cuarto empate seguido sen goles do Xuvenil "A"

DOMINGO 09/02/2025 (12:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)
PABELLÓN CF : 0 – CORUXO FC : 0
Cuarto empate consecutivo sen goles do Pabellón, os mesmos que leva sen gañar, diante dun rival directo polos postos de ascenso no partido da vixésima xornada da Liga Nacional Xuvenil. O equipo segue na terceira praza da táboa clasificatoria con 39 puntos.
Os branquiverdes acumulan unha serie de tres igualadas sen que movese o marcador no Miguel Ángel. Nesta ocasión foi diante dun Coruxo que viña disposto a levarse a vitoria e que foi de menos a máis. Os locais puxeron moita vontade todo o partido.
Os de Iván Alonso estiveron serios en defensa pero volveron a carecer de chegada ao área rival e polo tanto apenas tiveron oportunidades. Etien e Soriano remataron no primeiro tempo e Gómez no segundo sen recompensa. Os coruxistas estiveron máis activos en ataque e na primeira metade tiveron unha boa ocasión nun disparo de Pablo que desviou nunha boa intervención Abraham.

As accións a balón parado, con varios saques de esquina e faltas, tamén sembraron inquietude nos pabellonistas, que sacaron a relucir a súa fortaleza defensiva para manter á raia ao adversario e acumular oito partidos consecutivos sen encaixar gol, pero nesa serie soamente anotaron tres goles.
Na próxima xornada o Pabellón visita ao Bertamiráns, que deu a sorpresa desta xornada ao gañar (1-2) no campo do Lugo.

FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Abraham, Tiago, Lamús, André, Ander, Gómez, Julián (Jorge, m.76), Lucas (Youness, m.76), Joel, Soriano (Bruno, m.89) e Etien (Mociño, m.89).
Coruxo FC: Mateo, Fernando, Lago, Lucas, Noé, Guillermo, Matthew, Samuel (Nazan, m.65), Diego (Xavier, m.75), Pablo (Mario, m.75) e David.
Árbitro: Rubén Castro Fernández, asistido nas bandas por Prendes Cacabelos e Mosquera Páez (Comité Galego-Ourense). Amonestaron nos ourensáns a Lamús (m.51) e Joel (m.72) e nos coruxistas a Samuel (m.61) e Pablo (m.71).