LIGA NACIONAL XUVENIL

0-0 | Derbi xuvenil sen goles

DOMINGO 26/01/2025 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (300)

PABELLÓN CF : 0 – UD OURENSE : 0 

Reparto de puntos no derbi local que abría a segunda volta na Liga Nacional Xuvenil. O partido ofreceu moi poucas ocasións de gol nunha cita na que o cadro unionista estivo algo máis preciso que o cadro pabellonista, ao que lle costou manter a posesión de balón ante a presión do rival.

A oportunidade máis clara do partido foi para os visitantes nos últimos minutos cun remate coa testa de Roi que petou no traveseiro da portería defendida por Abraham.

Esta igualada, supuxo a terceira consecutiva no Miguel Ángel para os de Iván Alonso, que seguen na terceira praza do grupo (37 puntos) ocupando posto de ascenso ao igual que o Racing de Ferrol (34).

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Abraham, Joel, Lamús, Tiago, André, Ander, Gómez, Julián (Melguizo, m.75), Cougil (Lucas, m.60), Soriano e Etien (Mociño, m.85).

UD Ourense: Álvaro, Manuel, Roi, Iker, Adrián, Pablo (Diego, m.69), Mauro, Unai, Roberto, Romay (Dapía, m.69) e Ricardo.

Árbitro: Adam Rodríguez Delgado, asistido nas bandas por Alcázar González e Fernández Carballo (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Joel (m.62) nos locais e a Manuel (m.85) nos visitantes, ao igual que o 2º adestrador Emilio González (m.85),