0-0 | O Xuvenil "A" tivo que conformarse cun punto

SÁBADO 18/01/2025 (16:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)
PABELLÓN CF : 0 – URAL ESPAÑOL CF : 0 (0-0)
O Pabellón tivo que conformarse cun punto despois de empatar ante o coxunto herculino no partido que pechaba a primeira volta na Liga Nacional Xuvenil. É o segundo empate consecutivo, tamén sen goles, dos branquiverdes no Miguel Ángel.
A primeira metade despachouse cun enfrontamento no que os pabellonistas tiveron maior posesión ata a media hora de xogo para posteriormente pasar a ter máis balón o Ural.
O certo é que ningún dos dous porteiros pasou por acciones perigosas, aínda que os herculinos dispararon máis pero con chuts lonxes quen non xeraron complicacións. A oportunidade máis clara deste periodo foi para os locatarios nun centro-chut de Jorge que acabaría petando no traveseiro.

Segunda metade
No segundo tempo non houbo un claro dominador. O balón iba e viña dun área a outra, onde as defensas abortaban calquera situación perigosa. Sen embargo, aos oito minutos Soriano roubou un balón na zona central para habilitar a Jorge na banda dereita e o seu centro foi rematado polo debutante Etien cun disparo alto.
Según pasaban os minutos o partido foi entrando nunha fase emocionante pola incertidume do marcador. Os de Iván Alonso tiveron varias accións embarulladas dentro do área visitante sen que ninguén rematase, cando xa xogaban con dous dianteiros, e dous disparos de Etien e Álex García que detivo Eloy.

Os visitantes puideron levarse os tres puntos cando finalizaba o choque nun remate de Axel que desviou de forma providencial Abraham co pé.
Ao final o marcador non se movería e os branquiverdes suman 36 puntos para permanecer na terceira praza. A mala nova foi a lesión do central monfortino Lamús en el tiempo de descuento.
Na próxima xornada o Miguel Ángel acollerá o derbi capitalino contra a UD Ourense. Será o domingo ás 12 horas.

FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús, Tiago, André, Gómez (Melguizo, m.66), Julián, Lucas (Joel, m.57), Soriano, Cougil (Álex García, m.76) e Etien.
Ural Español CF: Eloy, Brais, Gonzalo, Adrián, Jorge, Pablo, Hugo (Sande, m.62), Eli (Brian, m.74), Arrojo (Samuel, m.74), Jacobo (Axel, m.74) e Marcos.
Árbitro: José Antonio Fernández Rodríguez asistido nas bandas por Añel Fernández e Alonso Ansa (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Adrián (m.88) nos visitantes.