0-2 | Tres puntos máis para o Xuvenil "A"
DOMINGO 15/12/2024 (12:00) Campo: MANOLO BARREIRO 1 (150)
AJ LÉREZ : 0 – PABELLÓN CF : 2 (0-0)
O Pabellón sumou os tres puntos a domicilio diante do AJ Lérez no partido correspondente a decimocuarta xornada da Liga Nacional Xuvenil que permite ao equipo alcanzar os 31 puntos e manter a terceira praza ocupando posto de ascenso.
Na primeira o partido desenvolveuse con moito centrocampismo sen arriscar moito ningún equipo. Aínda así o Pabellón tivo dúas boas ocasións cun remate de Mociño que obtivo unha boa resposta do meta local e un centro de Lucas que se paseou por diante da portería sen que aparecese ninguén para empuxar o balón ao fondo da rede. Neste primeiro acto os ourensáns sufrirían a lesión de Youness ao borde da media hora de xogo.
Segundo tempo
Despois do descanso o equipo estivo bastante máis activo ofensivamente, con moita profundidade por ambas bandas xerando varios centros laterais que foron metendo ao Lérez na súa área e provocando bastantes saques de esquina. Precisamente a balón parado chegaron os dous goles pabellonistas. O primeiro de Gómez (62´) e o segundo de Soriano (76´), que suma 8 tantos na súa conta particular.
Con case quince minutos por diante para o remate do encontro o equipo soubo manexar o partido sen que o cadro pontevedrés inquietase moito a portería defendida por Brais.
Con esa renda de dous goles os de Iván Alonso afrontaron o resto de partido firmes en defensa ante un rival que quixo pero non puido. Trátase do segundo partido consecutivo coa portería branquiverde sen encaixar.
Na próxima xornada o Pabellón recibe no Miguel Ángel ao Alondras nunha cita, última do ano 2024, marcada para o domingo ás 12 horas.
FICHA TÉCNICA
AJ Lérez: Saúl, Richard, Rial, Hugo, Carlos (Anxo,m.83), Goitia, Daniel (Lariño, m.65), Sanjorge, Aarón, Pablo (Rodrigo, m.76) e Rubén.
Pabellón CF: Brais, Jorge, Lamús, André, Joel (Tiago, m.46), Ander, Gómez (Julián, m.81), Soriano, Lucas (Álex García, m.81), Youness (Bruno, m.27) e Mociño (Cougil, m.59).
Árbitro: Alejandro Gómez Cerqueiro, asistido nas bandas por Loureiro Diz e Pousada Martínez (Comité Galego-Pontevedra). Amonestaron a Saúl (m.37), Carlos (m.66) e Lariño (m.75) nos locais e nos visitantes a Jorge (m.43) e Joel (m.44).
Goles: 0-1, m.62: Gómez. 0-2, m.76: Soriano.